A este circuito de skate e BMX o Concello sumará outro en Patos pendiente actualmente da autorización de Costas para ser licitado
A nova infraestrutura disporá dun trazado independente para infancia e principiantes e doutro ao seu carón composto por dous aneis combinados para niveis máis avanzados
O Concello de Nigrán sacará a vindeira semana a contratación o primeiro pump track do municipio, situado no barrio do Salgueiral, e agarda a autorización de Costas para licitar un segundo en Patos. Así, esta nova dotación destinada á práctica de BMX e skate conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e dispón dun orzamento base de 75.400 €.
“Son deportes urbanos con moita popularidade entre a mocidade de Nigrán, que foi quen realizou a petición, e complementan á perfección á pista de skate de Porto do Molle”, explica o alcalde, Juan González, quen engade que a de Patos foi solicitada pola asociación de escolas de surf, xa que permitirá que os deportistas se adestren alí cando as condicións do mar lles impide mergullarse, polo que o seu deseño foi realizado segundo as especificacións ‘surfskate’ da comunidade surfer.
Un pumptrack é un circuíto de pequenas dimensións que se pode percorrer cun monopatín ou cunha bicicleta impulsándose soamente mediante a inercia adquirida nos saltos e peraltes e a propia habilidade do skater ou ciclista, xa que a norma é precisamente a prohibición de darse impulso ou pedalear. Os primeiros circuitos construíronse nos 2000 en EEUU e Australia e España conta agora con preto de 200.
Concretamente, este primeiro pumptrack de Nigrán construirase nunha parcela municipal de 3.574 m² ubicada entre o Camiño de Salgueiral e a PO-325, cerca da praia e do centro urbano. Deseñado pola empresa vasca Soulparks, especialista na materia, ocupará 1.030 m² en total e constará dun circuito independente de 38 metros de trazado e forma triangular destinado a principiantes e infancia, e dun segundo circuito ao seu carón conformado por dous aneis combinados para un nivel medio ou avanzado. Ambos estarán conformados por peraltes, contraperaltes e baches de diferentes dificultades. O circuito profesional sumará dous trazados de 85 metros e 95 metros de longo respectivamente e ambos arrancarán simultáneamente desde unha plataforma, estando un deles conformado por mesetas para practicar saltos.
Tras a licitación destas obras o prazo de execución máximo será de 6 semanas, polo que, en calquera caso, estará listo antes de que remate o ano.



