O Concello de Nigrán continúa o ‘Outono de Teatro’ coa obra ‘Encaixadas’ do grupo ourensá Teatrino

adminON
Lectura mínima de 2

Trátase dunha representación para todos os públicos que mestura drama, comedia, farsa e musical

O Concello de Nigrán continúa este domingo 22 de setembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o ‘Outono de Teatro’ coa obra ‘Encaixadas’ do grupo ourensá Teatrino. Trátase dunha representación para todos os públicos que mestura drama, comedia, farsa e musical. Un grupo de teatro afeccionado formado por mulleres disponse a estrear o seu novo espectáculo. Pero nos 90 minutos que faltan ata o comezo da función xurdirán os seus medos e os seus anhelos por fuxir das ataduras que as manteñen encaixadas.

Como todas as obras programadas os domingos do mes de setembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán é gratuita, con entrada de balde ata completar aforo, e xurde da colaboración entre Teatro do Ar (responsable da escola municipal de teatro de Nigrán) e Federación Galega de Teatro Amador de Galicia (FEGATEA). A seguinte será ‘Os vellos non deben namorarse’ de Rebuldeira Teatro (domingo 29). A continuación, todos sábados do mes de outubro e o primeiro fin de semana de novembro ás 20:00 horas serán as representacións do Fegateatro (o Concello achega 3.750 € a FEGATEA pola contratación de 7 compañías neste ano 2024). 

Comparte este artigo