A actuación forma parte do plan de asfaltados deste ano e abrangue ás sete parroquias, estando xa a redactarse o plan para 2026
“Nunca na Historia deste Concello se emprenderon proxectos de asfaltado de semellante calado”, valora o alcalde, Juan González
O Concello de Nigrán emprenderá este ano un novo plan de asfaltados en 41 rúas de todo o municipio cun investimento de 813.562 € dos que 782.735,68€ corresponden á partida orzamentaria municipal do ‘Plan + Provincias’ da Deputación de Pontevedra e o resto a fondos propios. Esta renovación chegará ás 7 parroquias con estradas moi demandandas pola veciñanza como: Viso, Manuel Misa, Pelada, Carballeira, Carballas, Amieiros, Marzoa e Palanca en San Pedro; Rabadeira, Searas, Jesús Espinosa, Baiona e Gondomar en Panxón; Tanque, Piñeiro, Barros e Coca en Priegue; Candosa, Ponte, Baixada ao Xuncido en Camos; Lapela en Chandebrito; Pombal e Xestal en Nigrán e, finalmente, Charenque e Agulla en Parada. Este é o investimento total en obras que o Concello vinculará ao Plan ‘Máis Provincias’ e xa se está ultimando o proxecto de asfaltados para o ano 2026.
As 41 estradas e camiños seleccionados teñen en común o mal estado do firme, algún deles permanece sen asfaltar, coa conseguinte demanda de renovación por parte da veciñanza. Así, a solución adoptada é un reforzo do firme cunha nova capa de aglomerado asfáltico.
O Concello de Nigrán emprende cada ano un novo plan de asfaltados co obxectivo de reforzar a seguridade viaria no municipio, o ano pasado abrangueu a 84 cun custe de 1,1 millóns de euros nos que non se inclúe Mestra Emérita en Priegue (309.127 €) ou Otero Pedrayo en Nigrán (1’3 millóns).
“Seguiremos sumando máis plans cada ano para que os camiños e rúas non estean nunca desatendidas, nunca na Historia deste Concello se emprenderon proxectos de asfaltado de semellante calado”, explica o alcalde, Juan González, en referencia a estes plans anuais.