O concello de Nigrán finaliza este domingo o fegateatro coa comedia “Vermelllo” do grupo de Sarria “Rebuldeira”

Redacción

O Concello de Nigrán finaliza este domingo 22 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal a programación de Fegateatro coa comedia ‘Vermello’ do grupo de Sarria (Lugo) ‘Rebuldeira’. A entrada, coma sempre, é de balde. A cantidade de cor vermella que podemos ver nunha guerra marca o futuro das seguintes xeracións. O tempo, ás veces, é cíclico e todo o malo pode voltar. Temos medo. As vidas de Manuel Díaz, o médico dos pobres, Rafael de Vega, Franco, e xente coma nós, mestúranse coa historia ficcional de Rebuldeira Teatro na Guerra Civil. Somos actrices que representamos unha guerra vermella e queremos berrar a todo o mundo a nosa historia. Unha peza que abrangue a risa e a morte, o lamento e a ledicia, na que a nosa directora dirixirá o espectáculo dende as táboas. Que comece a función.

Aínda que o Fegateatro finaliza, o teatro continúa no Concello de Nigrán o sábado 28 de novembro ás 20:00 horas con Noitebras teatro representando ‘Retablo do esperpento’ . Nesta obra a compañía viguesa adéntrase no universo de Valle-Inclán e adapta dúas das súas obras: “Ligazón” e “Rosa de Papel”, incluídas no “Retablo da Luxuria, a Avaricia e a Morte”, fundíndoas nunha única peza teatral: “Retablo do Esperpento”.

Comparte este artigo