O concello de Nigrán informa dun cambio de datas nas inscrición a tenis como actividade deportiva municipal

Redacción

A maiores, o martes 29 de setembro as persoas non empadroadas poden optar a inscribirse naquelas actividades nas que quedaron vacantes

O Concello de Nigrán informa de cambios de datas na inscrición a tenis como actividade deportiva municipal. Así, as persoas empadroadas inscritas na tempada 25/26 poden renovar a súa praza o martes 29 de setembro de 9:00 a 13:00 horas no Auditorio Municipal. Por outra banda, aquelas empadroadas que desexen iniciarse en Tenis deberán inscribirse o mércores 30 de setembro de 9:00 a 11:00 horas. Finalmente, coas vacantes que resten (se é o caso), poderán inscribirse os non empadroados tamén o mércores pero de 11:00 a 13:00 horas.

A maiores, o martes 29 de setembro é o día que as persoas non empadroadas poden optar a inscribirse naquelas actividades nas que quedaron vacantes. Toda a información actualizada está pendurada na web www.nigran.es .

Comparte este artigo