Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán inicia as obras para humanizar á rúa Mestra...

O concello de Nigrán inicia as obras para humanizar á rúa Mestra Emérita de Priegue cun investimento de máis de 300.000€

- Anuncio -

A obra, adxudicada a Construcciones Vale, ten un prazo de execución de 3 meses e comprende habilitar unha beiravía transitable para peóns, actualmente inexistente

“Era unha vella demanda da parroquia que ao fin cumplimos tras moitos meses máis dos previstos de tramitación de permisos”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para humanizar a rúa Mestra Emérita de Priegue cun investimento de 309.127 € e un prazo de execución dun máximo de 3 meses. A estrada, de aproximadamente 850 metros de lonxitude e que conecta Nigrán con Vigo, atópase en moi mal estado de conservación e carece dun espazo seguro para os peóns, motivo polo que a veciñanza demandaba especialmente este investimento. Así, o proxecto redactado polo estudo de enxeñería Interurban contempla básicamente a renovación de todo o asfaltado e a creación dunha beiravía transitable.

“Era unha vella demanda da parroquia que ao fin cumplimos tras moitos meses máis dos previstos de tramitación de permisos sectoriais ao estar afectado por elementos patrimoniais como o Camiño de Santiago ”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que a estrada “gañará moitísimo en seguridade viaria e confort para os usuarios” xa que actualmente presenta fisuras, socavóns e desgaste de toda a capa de rodadura tras décadas sen tocarse.

Así, renovarase todo o asfaltado cunha nova mezcla bituminosa que non poderá empalmar cos muros tradicionais, sinalizarase toda a rúa novamente e os diferentes pasos de peóns serán sobreelevados. Ademais, mudarase a rede de drenaxe e dotarase de saneamento á unica zona que todavía falta (contorna do número 20). O maior cambio será, sen embargo, a construción dunha beiravía transitable para peóns na marxe dereita (sentido Vigo). Esta estará diferenciada mediante superficie de formigón desactivado e cunha banda de amortiguamento de 10 cm de cantos rodados e separadores de goma. “Actualmente os peóns circulan polas marxes sen ningún tipo de separación ou diferenciación e con zonas que nin están asfaltadas”, explica González.

Na mesma parroquia o Concello incluíu no plan de asfaltados de 633.127,28 € que se está a executar as rúas Pedrosas, Comesaña, Cea, PO-235 e Abetos, todas ellas deberán estar rematadas antes de 2 meses. Paralelamente, nas vindeiras semanas empezarán as obras para dotar de saneamento a rúa Raña.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas