O concello de Nigrán licita o novo contrato do Servizo de Atención Temperá por importe de 164.000€ ao ano

Redacción

O servizo funciona ininterrumpidamente desde abril de 2023 na ‘Escola de Nenas’ do Ceán, dando cobertura actualmente a 81 familias do municipio

O novo contrato entraría en vigor o 1 de febreiro de 2027 cunha vixencia de 2 anos prorrogables a outros 2 e unha suba do orzamento do 11%

“Para este goberno local o SAT é un piar fundamental da política de ‘Un Nigrán para todos’. Estamos moi orgullosos de que Nigrán sexa pioneiro no Val Miñor en contar con este servizo e da eficacia coa que está a funcionar desde 2023”; explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán sacou ven de sacar a licitación o novo contrato do ‘Servizo de Atención Temperá’ (SAT) que funciona no municipio ininterrumpidamente desde abril de 2023 e que está dirixido a crianzas de 0 a 6 anos con algún trastorno transitorio ou permanente no seu desenvolvemento ou en risco de padecelo. A principal novidade deste servizo municipal ubicado na antiga ‘Escola de Nenas’ do Ceán é que o contrato pasará de 147.000 € a 164.000 € (un 11% máis) e a vixencia se amplía de 1 ano e posibilidade de 2 de prórroga a 2 anos prorrogables a outros 2 (1 +1). O actual contrato vence o 31 de xaneiro de 2027, polo que o novo entraría en vigor ao día seguinte, 1 de febreiro de 2027, e o orzamento total para eses 4 anos (ata o 31 de xaneiro de 2029) sería de 654.000 €.

“Para este goberno local o SAT é un piar fundamental da política de ‘Un Nigrán para todos’. Estamos moi orgullosos de que Nigrán sexa pioneiro no Val Miñor en contar con este servizo e da eficacia coa que está a funcionar desde que comezou no 2023 con 64 crianzas”; explica o alcalde, Juan González, quen incide en que “ata a súa entrada en funcionamento as familias tiñan que desprazarse a Vigo, co inconvinte engadido de que había unha lista de agarda que aquí nunca existíu”.

Actualmente, este servizo municipal integrado na rede galega de atención temperá está a cargo da concesionaria La Esperanza del Valle Miñor (xestora do CEE Juan María) e atende a 81 familias nigranesas e, desde que se require, as crianzas son avaliadas e atendidas en menos de 30 días. Neste sentido, o novo plego segue a estipular, como mínimo, a contratación dun psicólogo, un logopeda e un terapeuta ocupacional, todos a xornada completa e subrrogados (nun 30% dos casos as crianzas acuden a máis dunha especialidade, é dicir, reciben servizos compartidos). Igualmente, a empresa que se presente debe demostrar experiencia previa neste tipo de traballo, puntuando nos criterios de adxudicación as posibles melloras que cada ofertante incopore, para deste xeito favorecer a calidade do servizo por riba da oferta económica.

Todos os pacientes do SAT deben ser derivados a través de Pediatría ou servizos hospitalarios, sendo fundamental o seu traballo para a detección precoz dos trastornos ou do risco de padecelos. Entre os casos con alta probabilidade de precisar deste servizo están as crianza con gran prematuridade, dano cerebral, parálises, trastornos do espectro autista, TDAH, trastornos de conducta ou emocionais, sordeira, cegueira, anomalías conxénitas do cerebro… Isto xeralmente implica un retraso no desenvolvemento xeral, da motricidade fina ou grosa, do sistema cognitivo, da linguaxe… Noutros casos, a crianza que o precisa se atopa nunha situación de vulnerabilidade evolutiva debido a factores de risco biolóxicos, psicolóxicos ou sociais, e, por tanto, con alta probabilidade de desenvolver un trastorno ou retraso no desenvolvemento de non mediar unha intervención temperá. Polo tanto, ditas actuacións non van dirixidas únicamente aos nenos que padecen algún déficit físico, psíquico ou sensorial, senón tamén aos que poden presentar problemas madurativos ou de adaptación (coñecidos como nenos de alto risco) e aos nenos sen unha patoloxía evidente.

“A importancia da atención temperá radica na plasticidade do cerebro infantil; co conxunto de intervencións propostas preténdese responder canto antes ás necesidades transitorias ou permanentes da crianza, con independencia de se presenta ou presentará unha discapacidade”, explican desde o SAT de Nigrán.

O obxectivo é que o Servizo de Atención Temperá continúa deseñando de xeito multidisciplinar sesións individualizadas que permitan potenciar a capacidade de desenvolvemento e de benestar destes pequenos e das súas familias. “Hoxe en día non cabe dúbida que a detención precoz na primeira infancia é fundamental para mellorar infinidade de aspectos na vida das persoas, por iso o consideramos básico para o Nigrán que estamos a construír”, resume o alcalde.

Comparte este artigo