O Concello de Nigrán ofrece este domingo no Auditorio Municipal a obra ‘#2 Pilgrims’ de Redrum Teatro

adminON
Lectura mínima de 2

Está enfocada a un público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 18 de agosto ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra ‘#2 Pilgrims’ da compañía Redrum Teatro. A entrada para esta representación que chega ao municipio da man do programa “O teu Xacobeo” é de balde ata completar o aforo. A obra está enfocada ao público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero. Así, neste espectáculo viáxase a través da auto-ficción polo Camiño de Santiago tocando temas como o feminismo, as novas masculinidades ou a importancia actual das redes sociais.

Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Probablemente non. Pero nalgún momento das súas vidas foron persoas recoñecidas polos seus traballos na televisión. Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. Agora as súas carreiras están acabadas. Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG.

Comparte este artigo