O concello de Nigrán ofrece este venres en praia América o Festival gratuíto “Atlántica Beach Party”

Redacción

O cartel nesta ocasión está formado por Alvama Ice ( DJ número un de España en estilo Open Format) xunto a Carlos López, Traffic House, DMiron, Andre Mor e Michel.

O Concello de Nigrán ofrece este venres 14 de agosto en Praia América a cuarta edición da ‘Atlántica Beach Party’, unha cita gratuíta e imprescindible para os amantes da música electrónica e urbana. Así, desde as 21.00 horas, o aparcadoiro da zona da antiga escola de vela volverá converterse no escenario dunha noite marcada pola música, o ambiente e o espírito do verán. Este festival finánciase tamén grazas a Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan + Provincia.

O cartel nesta ocasión está formado por Alvama Ice, considerado o DJ número un de España en estilo ‘Open Format’, xunto a Carlos López, Traffic House, DMiron, Andre Mor e Michel.

O Atlântica Beach Party experimentou un crecemento constante desde a súa primeira edición, cunha resposta cada vez maior por parte do público. Para este 2026, a organización espera a edición máis multitudinaria e potente ata a data, favorecida ademais por unha data crave do calendario estival, sendo festivo local ao día seguinte en Vigo. Unha noite de música, praia e festa con selo Nigrán, nun dos emprazamentos máis espectaculares de Galicia.

Comparte este artigo