HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece este venres o concerto do pianista Santiago...

O concello de Nigrán ofrece este venres o concerto do pianista Santiago Meijide no Auditorio Municipal

- Anuncio -spot_img

O Concello de Nigrán ofrece este venres 20 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do pianista vigués Santiago Meijide. O intérprete tocará pezas de Coupein, Mozard e Prokofiev. A entrada é de balde ata completar aforo.

Nacido no 1988, comezou a estudar piano aos 7 anos e actualmente é docente no Conservatorio Profesional e Superior de Mayeusis e Profesional de Valladares, ademais de ser solista e pianista acompañante. Formouse na Escola Superior de Música de Cataluña cos profesores L.Sintsev e R.Salinas. Posteriormente realizou estudos de perfeccionamento na Academia Gnessin de Moscova, con S. Senkov. Máis adiante cursou o máster de Interpretación Solista no Centro Superior Katarina Gurska (CSKG) en Madrid co profesor Alexander Kandelaki, finalizando coas máximas cualificacións.

Publicacións Relacionadas