Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán ofrece un roteiro gratuíto de sendeirismo polo Camiño...

O Concello de Nigrán ofrece un roteiro gratuíto de sendeirismo polo Camiño Real de San Pedro de Rocas, na Ribeira Sacra

- Anuncio -

Terá lugar o domingo 19 de xaneiro. A dificultade é alta e as inscricións realizaranse o martes 14 pola tarde na Oficina de Turismo

O Concello de Nigrán ofrece o domingo 19 de xaneiro un roteiro de sendeirismo de dificultade alta polo Camiño Real de San Pedro de Rocas, na Ribeira Sacra (Ourense). A actividade é gratuíta (inclúe transporte e guia) debendo ocuparse cada quen do seu xantar. A inscrición deberá realizarse presencialmente na Oficina de Turismo de Gaifar o martes 14 de xaneiro de 16:00 a 20:00 horas, tendo prioridade as persoas empadroadas en Nigrán (deberá presentarse o DNI). Para participar é imprescindible estar en perfectas condicións físicas, xa que se trata dunha ruta circular de pouco mais de 8 quilómetros de lonxitude a través de camiños tradicionais, nos arredores do Mosteiro de San Pedro de Rocas e o monte sobre o que se asenta. Este mosteiro é unha das xoias da Ribeira Sacra, nel atópase un pequeno centro de interpretación e unhas tombas escavadas no chan en forma de silueta humana. Para máis información: 699859418.

Relacionadas

O BNG de Vigo esixe aumentar as “raquíticas” axudas do Concello a mulleres vítimas...

0
A fronte nacionalista denuncia a “insuficiencia” desta partida para 2025, que equivale a 50 euros mensuais para un máximo de 33 mulleres, dun orzamento...

Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas da contorna de Pontevedra que...

0
A Lama, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas e Vilaboa contarán con estes recursos para construír e...

Soutomaior estrea a súa nova páxina web

0
A nova web municipal unifica nun só espazo as dúas páxina existentes ata o de agora, facilitando as funcións de comunicación e xestión diaria...

Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas da contorna do Salnés e...

0
A Illa de Arousa, Cambados, Catoira, Meaño, Meis, O Grove Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía e Vilanova contarán con estes recursos para construír e...

Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas das comarcas do Deza e...

0
A Estrada, Agolada, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces contarán con estes recursos para construír e mellorar instalacións deportivas ou...

Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas da comarca do Morrazo de...

0
Bueu, Cangas e Moaña contarán con estes recursos para construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos e para obras e servizos de...

Publicacións Relacionadas