HomePontevedraO Concello renova o parque infantil de Barcelos e o abre ao...

O Concello renova o parque infantil de Barcelos e o abre ao público

- Anuncio -spot_img

O concelleiro de Servizos urbanos básicos comprobou esta mañá a renovación integral do parque. O departamento municipal substituíu o céspede, o valado, os sistemas de fontanería, reparou todos os xogos e colocou novo mobiliario urbano.

A Concellaría de Servizos urbanos básicos que dirixe Xaquín Moreda abriu esta semana o parque infantil de Barceloss logo da súa remodelación practicamente integral. O concelleiro supervisou hoxe como quedou a área de lecer que xa foi aberta á cativada a primeiros de semana. O investimento superou os 70.000 euros.

Durante estes meses de peche, o departamento municipal retirou o valado que estaba deteriorado e instalou un novo de madeira de piñeiro. Tamén renovou a base de caucho do parque, colocou novo céspede artificial -arredor de 1.250 metros cadrados-, reparou todos os xogos retirando elementos perigosos, pintáronse, substituíronse as redes e colocáronse novos carteis informativos.

Tamén instalou dúas novas fontes, así como papeleiras, mobiliario urbano (bancos) e completou a actuación coa limpeza e axardinamento das escavas.

O parque infantil de Barceloss vénse a sumar á liña de supervisión de parques infantís que iniciou a Concellaría de Servizos urbanos básicos nestes anos. Xa están supervisados e reparados os parques infantís de Ponte Boleira, Fonte Santa, As Regas, Campo da Torre, Illa do Covo, Palmeiras, Pasarón e Praza de Europa, e ten actuado de urxencia noutros como en Maruxa Mallo, Corvorana, Oito de Marzo ou Tafisa que se atopaban en evidente estado de inseguridade.

O concelleiro Xaquín Moreda ordenou realizar un traballo minucioso, facendo unha diagnose e ¡ priorizando as actuacións, dado que non se coñecía o estado real de todas estas áreas infantís. O estudo previo permite ir priorizando os espazos de actuación, aínda que a Concellaría está atenta para atender as urxencias que poidan xurdir en calquera das áreas infantís.

Publicacións Relacionadas