O Concello de Nigrán ofrece unha master-class de Tai-chi gratuíta este sábado no Pavillón Municipal

adminON
Lectura mínima de 1

Terá lugar ás 10:00 horas e a imparte o profesor da actividade deportiva municipal, Antonio Domínguez

O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 10:00 horas no Pavillón Municipal unha master-class de Tai-chi gratuíta a cargo de Antonio Domínguez, profesor desta actividade deportiva municipal desde 2021 e responsable da mesma durante o verán. Actualmente, 80 persoas están inscritas nesta disciplina impartida por Domínguez, profesor de quinto nivel de Taijiquan e Qigong con máis de 20 anos de experiencia no Tai-chi e en artes marciais como o Kung Fu. 

Comparte este artigo