HomeVigoNigránO Concello de Nigrán pecha este sábado o seu terceiro ciclo ‘Primavera...

O Concello de Nigrán pecha este sábado o seu terceiro ciclo ‘Primavera de Jazz’ co contrabaixista Simón García

- Anuncio -spot_img

Trátase dun dos compositores máis interpretados e internacionais do panorama contrabaixístico actual

A entrada é de balde ata completar aforo. Anteriormente tocou Paco Charlín con Jazz Frequency group e o mítico trío santiagués Sumrrá

O Concello de Nigrán pecha este sábado 24 de maio o seu terceiro ciclo ‘Primavera de Jazz’ co contrabaixista mugardés Simón García en quinteto ás 20:30 horas no Auditorio Municipal. Anteriormente, os amantes deste xénero puideron disfrutar de Jazz Frequency Group (liderado polo vilanovés Charlín) e o mítico trío santiagués Sumrrá, todos con entrada de balde ata completar aforo e co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’.

SIMÓN GARCÍA QUINTETO

Simón García, contrabajo; Miguel Cabana, batería; Pablo Añón, saxo; Ricardo Formoso, trompeta; Iago Mouriño, piano

O contrabaixista e compositor Simón García (Mugardos, 1977) é un dos compositores máis interpretados e internacionais do panorama contrabaixístico actual. Gañou varios premios internacionais, ademais de recibir varias mencións de honra e nomeamentos en importantes concursos de composición ao longo do mundo. É un músico versátil e ecléctico por esta razón é requirido para traballar con artistas de diversos estilos, destacando o seu labor como jazzista en proxectos propios e alleos. Neste eido, desde o 2011 é o contrabaixista do Nani García Trío; desde o 2013 é membro do Fillojazz, cuarteto residente do Filloa Jazz Club da Coruña, o máis antigo en activo do país; e tamén é o contrabajista do Quinteto Cimarrón, quinteto de corda que fai música cubana e latín jazz. 

Publicacións Relacionadas