O grupo de observación e divulgación astronómica Astrolavista será o encargado de guiar o fenómeno desde as 19:00 ás 21:30 no piñeiral de Praia América e enlazará cunha observación das perseidas a partir das 22:00 horas
O luns realizarán un obradoiro coas crianzas do campamento municipal para construir proxectores estenopeicos e cámaras escuras con material reciclado, o que lles permitirá observar o eclipse de forma totalmente segura
Nigrán ten un hourizonte litoral privilexiado cara ao oeste para seguir o fenómeno e atópase en zona de eclipse parcial extremo (máis do 99%), o que permitirá unha experiencia case equivalente á totalidade
O Concello de Nigrán ofrecerá o día do eclipse, mércores 12 de agosto, unha experiencia guiada na contorna do piñeiral de Praia América (onde a ‘fonte seca’, de 19:00 a 21:30 horas) que enlazará a continuación coa observación das perseidas (a partir das 22:00 horas). Ambos fenómenos estarán guiados polo grupo de observación e divulgación astronómica Astrolavista, entre os que se atoparán monitores certificados pola Fundación Starlight e membros da Federación de Asociaciones Astronómicas de España. Durante o eclipse disporán de varios telescopios e un proxector e portátil, sendo necesario acudir con gafas certificadas. Pola súa banda, para a observación das coñecidas como bágoas de San Lourenzo (que estarán no seu máximo apoxeo) farán ali mesmo unha orientación celeste empregando punteiro láser e telescopio nocturno. Anteriormente, o luns 10 de agosto, realizarán un obradoiro coas crianzas do campamento municipal para construir proxectores estenopeicos e cámaras escuras con material reciclado, aparellos que permiten observar o eclipse de forma totalmente segura.
“A coincidencia coas perseidas converte a xornada nunha dobre oportunidade única para gozar de ambos fenómenos mentres expertos nos explican a física que hai detrás”, explica o alcalde, Juan González, quen leva preto dunha década organizando cada mes de agosto unha observación das perseidas.
O municipio de Nigrán atópase en zona de eclipse parcial extremo (máis do 99%), o que ofrecerá unha experiencia visual e atmosférica case equivalente á totalidade: escurecemento notable do ambiente, descenso da temperatura, posible aparición de planetas no ceo e un hourizonte litoral privilexiado cara ao oeste para seguir o fenómeno. Terá que pasar máis dun século para vivir unha situación similar. Por outra banda, a choiva de meteoros coñecida como ‘Perseidas’ ou ‘bagoas de San Lourenzo’ está nesta data no seu momento máis prolífico do ano, nesta caso, os monitores, ademáis de explicar en que consiste o fenónemo visible nesta noite, divulgarán tamén a mitoloxía relacionada.

