HomePontevedraBaixo MiñoO Concello de Oia lanza axudas á natalidade para nenos e nenas...

O Concello de Oia lanza axudas á natalidade para nenos e nenas nacidas en 2024

- Anuncio -spot_img

O Concello de Oia lanza unha convocatoria de axudas de apoio á natalidade, das que se poderán beneficiar as familias nas que houbese algún nacemento ou adopción durante o pasado ano. As axudas serán de 200 euros por menor nacido entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2024 e deberán destinarse a gastos relacionados co nacemento ou adopción do menor en establecementos do comercio local.

Esta iniciativa, que o Concello pon en marcha por primeira vez este ano, ten por obxectivo loitar contra o descenso da natalidade e o despoboamento, ao mesmo tempo que se estimula o comercio local. En total, neste 2025 a Administración local destinará 4.000 euros a estes cheques-bebé, que terán un importe individual de 200 euros.

Os requisitos para poder optar á axuda son que o pai/nai/titor/titora solicitante teña a custodia do menor nado e que toda a unidade familiar (incluído o neno/a nado en 2024) estea empadroada no concello de Oia e no mesmo domicilio familiar. Solo se concederá unha axuda por menor.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude e documentación no rexistro do Concello de Oia, por medios telemáticos ou de forma presencial. As bases da convocatoria de axudas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) de hoxe.  O prazo de presentación é dun mes, a contar desde mañá (o día seguinte á publicación no BOP).

Toda a información sobre estas axudas está tamén dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Oia: https://oia.sedelectronica.es/info.1

Publicacións Relacionadas