HomePontevedraBaixo MiñoO Concello de Oia organiza unha reunión técnica para a constitución de...

O Concello de Oia organiza unha reunión técnica para a constitución de comunidades de regantes

- Anuncio -spot_img

O Concello de Oia convoca á veciñanza de Loureza que sexa regante da Cal, A Camba e O Folón, así como aos regantes de Refoxos, a unha reunión informativa sobre os trámites necesarios para constituír as comunidades de regantes dentro da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. O encontro terá lugar o luns 19 de maio ás 20:00 horas na Abadía de Loureza.

Durante a reunión, o persoal técnico da empresa Rodespi ofrecerá explicacións detalladas sobre o proceso e resolverá calquera dúbida que poidan ter as persoas asistentes. Así mesmo, abordarase a composición das directivas que deberán conformar as anteditas comunidades para levar a cabo os trámites administrativos pertinentes.

Os gastos da asistencia técnica serán asumidos polo Concello de Oia co obxectivo de facilitar á veciñanza o acceso á información e axilizar o proceso de constitución das comunidades de regantes.

O Concello anima aos regantes a participar nesta xuntanza, clave para o desenvolvemento e a xestión eficiente dos recursos hídricos na zona.

Publicacións Relacionadas