Para vivir o Corpus Christi con todos os sentidos o Concello de Ponteareas abre a primeira ruta de “Sabores do Corpus” con deliciosos petiscos a tan só 1,5€. Un prezo simbólico para que todas as familias poidan participar.
Todo o sabor de Ponteareas nun só bocado, os pinchos de Tapas do Corpus concentrarán sabor e calidade para potenciar a hostalaría local, así o explicou o concelleiro de Comercio, Ricardo González, que repartíu a cartelería entre os quince locais participantes.
A Tenda, A Triga, Chiquitita, Don Kebab, D´Peyo, El Puchero, El Troll, Luna Flor, Mama Fina, Montadito, Papelón con Limón, O Tunel, Rincón del café, Romi e Xirope son os locais participantes.
O pincho de Sabores do Corpus será a excusa perfecta para quedar cos amigos “e o prezo reducido facilitará que sexa asequible para as familias e que poidamos visitar varios locais”.Un euro e medio de sabor para acompañar as consumicións que non entran neste prezo.
Entrega premios Saborotea
A concellería de Comercio deseña ao longo do ano distintas iniciativas de promoción e posta en valor do comercio e hostalaría local como a ruta de almorzos Saborotea que entregará este xoves día 12 os seus premios. Será no salón de plenos ás 16:00 horas aberto a toda a cidadanía porque no marco da entrega de premios tamén se procederá ao sorteo dos agasallos para todos as e os clientes que participaron e depositaron nas caixas dos locais o seu pasaporte selado. O xurado entregará tres primeiros premios e dúas mencións especiais ao mellor café e ao mellor servizo.
A alcaldesa Nava Castro e Ricardo González convidan a toda a cidadanía a participar neste acto público e tamén nos concursos e rutas que se organizan e que supoñen non só dinamizadores económicos, tamén sociais “comprobamos, edición tras edición, que as citas gastronómicas promoven o encontro e provocan que as persoas queden, comenten e conversen arredor da comida, do local e da vila”.
Á ruta de almorzos Saborotea súmanse o Pinchotea e a os concursos deseñados para a promoción do tecido comercial como o de adornos de nadal ou os específicos para campañas como as de San Valentín ou Día da Nai.