Home Pontevedra O Condado O Concello de Ponteareas dá o pistoletazo de saída ás obras do...

O Concello de Ponteareas dá o pistoletazo de saída ás obras do futuro Centro de Dinamización Empresarial

- Anuncio -

A alcaldesa asinou este xoves a acta de replanteo que autoriza o inicio dos traballos de rehabilitación

As obras, cun prazo de execución de 8 meses, son cofinanciadas por fondos FEDER a través do programa EDUSI ‘Ponteareas, hábitat saudábel’

O Concello dá un paso máis na transformación do edificio da Praza Maior número 13 no futuro Centro de Dinamización Empresarial de Ponteareas. A alcaldesa asinou este xoves xunto a Jesús Irisarri, arquitecto e director de obra, e Marcos Veloso, representante da empresa adxudicataria Impervelper, a acta de replanteo que autoriza o inicio das obras de reforma e rehabilitación do inmoble.

“Con esta sinatura e o comezo das obras do Centro de Dinamización Empresarial cristalizan meses de traballo nese camiño de revitalización da economía social da nosa vila, reorientándoa cara a actividades de produción e comercio sostíbel e impulsando ao tempo o emprendemento local e a posta en marcha de novas iniciativas empresariais que xeren dinamismo, emprego e riqueza para a veciñanza a través dunha actividade estábel e planificada”, explicou Fernández Davila.

Os traballos de reforma terán un prazo de execución de 8 meses e suporán un investimento de case 390.000 euros cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa EDUSI ‘Ponteareas, Hábitat Saudábel’.

Con estas obras, o Goberno municipal do BNG-PSOE converterá o Centro de Dinamización Empresarial nun espazo que albergará, centralizará e facilitará as accións necesarias para dar pulo ao emprendemento local, “un espazo de referencia, moderno, aberto e ben planificado que ofreza á veciñanza un lugar onde traballar cando o precise pero tamén onde crecer”, como recalcou a rexedora ponteareá.
Un espazo deseñado contando coas opinións do tecido empresarial e dos seus futuros usuarios e usuarias que “permitirá aos veciños e veciñas lanzarse a por en marcha novas iniciativas, pero que tamén permitirá ás empresas xa establecidas seguir avanzando”, sinalou a segunda tenenta de alcaldesa, Chus Garrote. Así, o Centro de Dinamización Empresarial contará con espazos de traballo, coworking e oficinas de viveiro de empresas, unha oficina de asesoramento, unha sala de formación modular e versátil ou unha zona para albergar o servizo SmartPeme, entre outros espazos.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas