Home Pontevedra O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro...

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

- Anuncio -

-A alcaldesa de Redondela e o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo mantiveron esta mañá a primeira reunión oficial dende o relevo de titular no Porto.

-Digna Rivas expúxolle a Carlos Botana todos os temas pendentes entre ámbalas dúas administracións e que cualificou de “irrenunciables” para o Concello redondelán, como a recuperación e posta en valor do cargadoiro Coto Wagner.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, mantiveron hoxe unha reunión na Casa do Concello de Redondela, a primeira dende que Botana tomou posesión como presidente do Porto vigués en xullo do ano pasado. A xuntanza serviu para poñer sobre a mesa co novo presidente portuario todos aqueles temas pendentes entre ámbalas dúas administracións e que son considerados pola rexedora local como “irrenunciables para Redondela”.
Na xuntanza de traballo, na que tamén estaban presentes o concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, e a directora do Porto, Beatriz Colunga, a alcaldesa intereseouse polos plans futuro da Autoridade Portuaria para o cargadoiro de mineral de Coto Wagner “que é un ben cutural e industrial de Redondela que conta co recoñecemento de Patrimonio tanto da Xunta de Galicia como do Estado”. “Este Concello vaise opoñer frontalmente a calquera uso deste espazo litoral que non pase pola súa recuperación”, afirma a rexedora. A decisión da Autoridade Portuaria de derrubar o cargadoiro levou ao Concello de Redondela a encargr un estudo técnico, realizado en 2020, e que avala a restauración e posta en valor deste patrimonio industrial.
O Plan de Delimitación de espazos e usos do Porto de Vigo (DEUP) foi outro dos temas tratados neste primeiro contacto entre a alcaldesa redondelá e o presidente da Autoridade Portuaria, requirindo a rexedora local información “sobre o punto en que se atopa a tramitación e se hai algún avance na mesma logo das alegacións que presentamos dende o Concello, en decembro do 2020, diante do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico”. Polo de agora, segundo a información do Porto, o plan segue paralizado.
O futuro da explanada de Duchess foi outro dos asuntos que Rivas lembrou ao novo presidente, xa que o Goberno redondelán “amosou sempre a súa oposición ao proxecto de reordenación do acceso á zona portuaria de Rande dende a N-552 polo impacto negatovo que tería para o territorio e a veciñanza”. A alcaldesa redondelá insistiu en que tanto o DEUP como a reodenación de accesos, “son de extraordinaria importancia para coñecer cal é a intención do Porto de Vigo sobre a zona do cargadoiro mineral e se manteñen o proxecto de depósito de contedores, algo ao que este Goberno oponse frontalmente”.
Amais de poñer ao corrente ao novo presidente do Porto de Vigo dos temas pendentes entre ámbalas dúas administracións, a reunión de traballo serviu para transmitirlle a Carlos Botana que os todos os asuntos tratados “son considerados como irrenunciables por parte do Goberno local”.
As reivindicacións do Concello de Redondela son as mesmas que Rivas lle trasladou en marzo de 2021 ao anterior presidente, Jesús Vázquez Almuíña, nunha xuntanza mantida tamén na casa consistorial redondelá “xa que despois deste tempo non obtivemos resposta ás nosas demandas”.
Finalmente, Digna Rivas, que cualificou a reunión de “cordial e frutífera”, expresou a súa confianza en que “avancemos nos temas postos sobre a mesa de traballo e que poidamos chegar a un punto de entendemento que dea unha solución definitiva a todos estes temas”.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas