O Concello de Redondela pon a disposición do alumnado de Bacharelato autobuses de balde para o traslado ás probas da ABAU

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Redondela puxo a disposición dos estudantes de bacharelato un servizo gratuíto de autobuses para trasladarse ás probas da ABAU. Preto dun cento de alumnos e alumas dos institutos públicos do municipio (IES Floriani, IES Mendiño e IES Chapela) fan uso deste servizo para desprazarse ata a Universidade de Vigo nas xornadas nas que se realizan as probas de acceso á universidade. OS exames, que comezaron hoxe, terán unha duración de tres días e para facilitar o desprazamento até as instalacións do CUVI facilitarase o uso de dous autobuses que recollen nos propios institutos. A alcaldesa, Digna Rivas, desexa o “éxito a todas e todos os estudantes que se presentan a estas probas” e espera que todos e todas obteñan os mellores resultados posibles “xa que diso dependerá en gran medida o seu futuro profesional”. Por segundo ano consecutivo o Concello ofrece este servizo, de balde para as familias, atendendo unha proposta das ANPAS ao Consello Escolar Municipal “e non dubidamos en acceder á petición, nunha aposta deste goberno pola igualdade de oportunidades” conclúe Rivas.

Comparte este artigo