Un ano máis coa chegada da época estival o Concello de Salvaterra de Miño ultima as obras da posta a punto dos vasos da Piscina Municipal e mellora do perímetro do recinto, coa construción dunha nova acera e un novo peche que mellorará a seguridade do recinto.
A esta actuación de mellora das infraestruturas deportivas da Canuda uniráselle en breve as obras de mellora da pista deportiva, a zona de skate e as pistas de tenis. Obras que se engloban dentro do Plan de Mellora de Infraestruturas Deportivas Municipais que suman actuacións por máis de un millón de euros.