O concello de Salvaterra leva a cabo obras de mantemento na piscina municipal

adminON
Lectura mínima de 1

Trátase dunha posta a punto das instalacións de cara ó verán, concretamente na zona de  vestiarios e que se unen as obras que se veñen facendo nos últimos anos co fin de  modernizar as instalacións deportivas da Canuda, unha zona deportiva que alberga pista  polideportiva, pistas de tenis e zona de skate. 

Nestes días lévase a cabo a preparación do chan dos vestiarios ademais da zona de  taquillas co fin de ofrecer o mellor servizo ós usuarios das instalacións que abrirán ó  público, segundo as previsións, a mediados do mes de xuño.

Comparte este artigo