HomePontevedraO concello de Soutomaior aproba máis de 50 mil euros en subvencións...

O concello de Soutomaior aproba máis de 50 mil euros en subvencións para entidades deportivas e culturais

- Anuncio -spot_img
  • A  Xunta de Goberno Local ven de aprobar esta mañá subvencións nominativas por valor de preto de 60 mil para entidades deportivas e culturais do concello de Soutomaior.

A Xunta de Goberno Local aprobou nesta xornada por valor de preto de 60 mil euros unha serie de subvención nominativas para entidades con fins deportivas do concello de Soutomaior.

De tal modo que o Concello ven de facer efectivo o convenio e subvención coa Banda Artística de Arcade por valor de 40 mil euros, duplicando a subvención que antes recibía este asociación tan preciada e valorada no concello.

Ao igual que coa Banda Artística o incremento é notable coas outras entidades, así de tal xeito o concello aprobou a subvención nominativa por un importe de 7310,50 euros para  Club Deportivo de Soutomaior, de 7142,50 para o Club Deportivo Arcade, de 1780 euros para a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e de 800 euros para a Sociedade de Cazadores A Peneda.

Dende o Goberno Local informaron nesta xornada que as subvencións nominativas ascenden a preto dos 80 mil euros, subvencións que se irán adxudicando conforme as entidades presenten a documentación requirida.

O alcalde Manu Lourenzo dixo nesta xornada que “dende o Goberno agradecemos o traballo que fan todas as entidades e asociación na dinamización da vida cultural, deportiva e social do concello. O Goberno quere acompañar a todas estas persoas que traballan arreo para contar cun Soutomaior mellor e máis activo”. 

Publicacións Relacionadas