Home O Morrazo Marín O Concello ofrece unha reunión informativa aos pais e nais da rapazada...

O Concello ofrece unha reunión informativa aos pais e nais da rapazada que participará nos campamentos de agosto

- Anuncio -

Será o 28 de xullo, pasado mañá, na Biblioteca Vidal Pazos. Ás 20:00 horas os da primeira quincena, ás 20:45 horas os da segunda e ás 21:30 horas os de Seixo

Os campamentos de conciliación do Concello de Marín son unha gran alternativa de lecer e de ocio para a rapazada durante o verán. Despois das dúas quendas de xullo e da oferta en Mogor, organizaranse agora as quendas de agosto na Laxe e en Seixo.

Pasado mañá, 28 de xullo, a Concellaría de Benestar Social convoca a todas as familias da rapazada participante a unha reunión informativa sobre o campamento. Será na Biblioteca Pública Vidal Pazos, dividido nas seguintes horas:

   20:00 - Para a primeira quincena no CEIP da Laxe
   20:45 - Para a segunda quincena no CEIP da Laxe
   21:30 - Para a primeira quincena en Seixo

Desde o Concello apostan por este tipo de campamentos como un xeito de facilitar ás familias da vila a conciliación nun momento, o verán, no que os nenos e as nenas non teñen obrigas escolares.

A oferta de ocio, ademais, ten unha parte de didáctica moi boa para os participantes, no que se lles trata de reforzar as aptitudes en diversas disciplinas, incluíndo o inglés.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas