O Concello de Nigrán acolle este sábado 14 de novembro a celebración de tres magostos en diferentes puntos do municipio: o da Asociación de Veciños ‘A Irmandade’ de Priegue, o da A.V. ‘La Unión de San Pedro’ e o da A.Cultural ‘A Camoesa’. Todos se celebran á tardiña nas súas respectivas sedes. O Concello adquiríu 350 kg de castañas para fornecer ás diferentes asociacións que celebran magostos na localidade e que así o solicitaron.

