O cupón da ONCE anima a gozar da Festa do Choco no sorteo do 6 de maio

Redacción
Lectura mínima de 3

– A Festa do Choco, que se celebra en Redondela do 8 ao 10 de maio, protagoniza o cupón do ONCE do vindeiro mércores, día 6. Cinco millóns de cupóns animarán a gozar desta tradicional festa gastronómica.

– A alcaldesa, Digna Rivas, agradeceu á ONCE que escolleran este evento gastronómico como protagonista do cupón “que dará visibilidade á nosa festa en todo o territorio estatal”. Rivas lembrou que esta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, é o mellor escenario para degustar este exquisito cefalópodo en todas as súas variedades.

Redondela, 29 de abril de 2026. Manuel Martínez Pan, delegado do ONCE en Galicia, Digna Rivas, alcaldesa, Roberto Gaspar Conde, director do ONCE en Vigo, Verónica Millán Cruciel, promotora comercial do ONCE na Zona Sur de Galicia, Rita Pérez, concelleira de Turismo, Alberto Álvarez, concelleiro de Medio Ambiente, Pedro Villaverde, concelleiro de Feiras, presentaron este cupón xunto á Patroa Maior da Confraría de Redondela, Nisi Otero e Fran Pereira, vicepatrón.

Martínez Pan puxo en valor o valor “tradicional, cultural e mesmo emocional” da Festa do Choco de Redondela, coñecida en toda Galicia “e que desde a ONCE levaremos a todo o territorio estatal nos cinco millóns de cupóns que repartirán os nosos vendedores e vendedoras”. A alcaldesa agradeceu á ONCE que escolleran esta festa redondelá como protagonista do cupón do próximo 6 de maio. Rivas lembrou que esta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, é o mellor escenario para degustar este exquisito cefalópodo. Non é a primeira vez que Redondela é protagonista do cupón. Xa o foi en xuño de 2022 na Festa da Coca, co famoso dragón redondelán no deseño do boleto. Nesta ocasión o protagonista do cupón rende homenaxe á Festa do Choco “o produto estrela da Enseade de San Simón, o verdadeiro tesouro que temos na ría”.

Os cupóns do ONCE comercialízanse polos máis de 21.000 vendedores e vendedoras da Organización “que levarán a Festa do Choco de Redondela por todo o Estado”. O Cupón Diario do ONCE pon en xogo un premio de 500.000 euros ao número máis a serie e 49 premios de 35.000 euros ás cinco cifras do número premiado. Ademais, 450 premios de 250 euros ´ás catro primeiras cifras e outros 450 premios ao catro últimas; 9.000 premios de 25 euros no caso de tres últimas ou tres primeiras; e o mesmo para as dúas primeiras e últimas (6 euros) e reintegro de 2 euros á primeira ou a última cifra do número premiado.

Comparte este artigo