Home Tabeirós A Estrada O escultor Cándido Pazos pregoará a XLVIII Festa do Salmón, que retoma...

O escultor Cándido Pazos pregoará a XLVIII Festa do Salmón, que retoma o seu formato habitual

- Anuncio -

O Centro de Iniciativas e Turismo acorda conceder o Salmón de Ouro ao 112 e ao Centro de Saúde da Estrada polo seu labor durante a pandemia

O domingo recuperarase a degustación popular na Praza do Novo Mercado con bandexas a 5 euros e unha decena de establecementos

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, anunciou esta mañá durante a presentación das actividades da XLVIII Festa do Salmón que o escultor e escritor Cándido Pazos será o pregoeiro desta edición, que se celebrará os días 14 e 15 de maio e que recuperará o formato tradicional despois de dous anos condicionada pola pandemia.

Constenla xustificou que o Centro de Iniciativas e Turismo elixira a Cándido Pazos como pregoeiro “pola súa vinculación coa Estrada, tanto persoal coma profesionalmente”, con varios dos seus traballos nas rúas da vila. Xunto ao escultor, este ano serán distinguidos coa insignia do Salmón de Ouro o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 e o
Centro de Saúde da Estrada, “para poñer en valor o seu labor durante estes dous anos de
pandemia”.

No eido gastronómico, o acto central desta cuadraxésimo oitava edición volverá ser a degustación popular de salmón, que terá lugar o domingo 15 de maio entre as 12.00 e as
15.00 horas na Praza do Novo Mercado. As bandexas, con dúas racións, terán un custo
de 5 euros e tanto a veciñanza coma os/as visitantes poderán probar 20 receitas dos
seguintes dez establecementos: Malo Será, Cervela, A Casa do Pan, Ananás, A Bombilla,
Mr. Pizza, Velis Nolis Bistró, O Asador de Leo, Os Peares e Valenciaga.

Ademáis, durante o venres 13 e o sábado 14 de maio, de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00
horas, haberá unhas “xornadas de tapeo” nas que participarán 21 establecementos
estradenses con tapas a 2,50 euros co salmón como protagonista. Esta ruta das tapas
estará dividida do seguinte xeito: o venres será a quenda do Samaná, O Lar, A Taberna da
Feira, A Bodeguiña, O Candil de Silvia, Taberna Navegación, 20 Berzas, Bar Enredo, A
Bombilla, Cervexería Eureka e Velis Nolis Bistró. O sábado, a ruta continuará no Ananás

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas