HomeTabeirósA EstradaO estado da infraestrutura de telefonía no noso concello é lamentábel

O estado da infraestrutura de telefonía no noso concello é lamentábel

- Anuncio -spot_img

Xoán Reices: “Sabemos das limitacións dos concellos para atallar este problema, pero o alcalde ten que facer algo máis que mandar recado ás operadoras

O BNG da Estrada volve poñer o acento no pésimo estado das infraestruturas de telefonía. Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xoán Reices, “veciños e veciñas de Berres levan semanas cun poste de telefonía inclinado sobre a EP-7021, co risco que iso supón para viandantes como para vehículos”. “Iso sen ter en conta os cortes no servizo que se producirían se o poste cae e rompen os cables”, engade.

“Desde o BNG cremos que o goberno municipal do PP non fai o suficiente para meter en cintura á operadora Movistar”, afirma Reices, “xa que veciños e veciñas de Santo André de Vea como de Cousa aínda seguen cos postes rotos e os cables de telefonía polo chan, como xa denunciamos hai xa unhas semanas”.

“Este desleixo non se pode consentir”, explica Reices, “sabemos das limitacións que teñen os concellos para enfrontar estes problemas, pero o alcalde entendemos que o alcalde ten que facer algo máis que mandar recado á operadora correspondente, xa que non só reflicte unha imaxe pésima e descoidada do noso concello, senón que repercute no servizo de telefonía dos veciños e veciñas, así como da operadora local, A Estrada Dixital.”

Publicacións Relacionadas