O eurodeputado Adrián Vázquez e a senadora Pepa Pardo e anuncian a denuncia ante o Consello da Unión Europea polo caso Biedma

Redacción
  • Adrián Vázquez avanzou que o vindeiro luns trasladarán tamén os feitos ao ministro de Xustiza e Interior de Irlanda, país que exerce a Presidencia do Consello da Unión Europea durante o segundo semestre de 2026.
  • A senadora por Pontevedra, Pepa Pardo denuncia que o Goberno está “en guerra coa Xustiza e, en definitiva, co Estado, estes feitos son dunha extrema gravidade e deben ser esclarecidos ata as últimas consecuencias”.
  • “Cada auto xudicial provoca un insulto maior. Chegaron a chamar aos xuíces ‘lobos solitarios’ e hoxe coñecemos unhas presuntas manobras contra a xuíza Biedma nas que se tería intentado recorrer a persoas vinculadas ao narcotráfico para desacreditala e incluso chegaron a decir de “eliminala”, manifestou a senadora.
  • O eurodeputado popular afirmou que “en España temos un Goberno que sinala e insulta os xuíces. Nunca a Xustiza sufrira tanto como nestes oito anos de sanchismo”.

A senadora do Partido Popular por Pontevedra e voceira de Xustiza na Cámara Alta, Pepa Pardo, e o eurodeputado do Parlamento Europeo Adrián Vázquez Lázara anuncian que levarán ante o Consello da Unión Europea o denominado caso Biedma.

Adrián Vázquez avanzou que o vindeiro luns trasladarán os feitos ao ministro de Xustiza e Interior de Irlanda, país que exerce a Presidencia do Consello da Unión Europea durante o segundo semestre de 2026. “Aínda que en toda Europa xa saben quen é o señor Sánchez,  imos denunciar estas barbaridades que está a dicir o señor Sánchez e o resto dos seus portavoces, ou mellor dito, secuaces socialistas contra os xuíces e a xustiza do noso país”, indicou o eurodutado popular

“Ano tras ano, a Comisión Europea do seu informe sobre o Estado de Dereito denuncia as numerosas irregularidades que está a cometer o Goberno español e os constantes ataques ao Estado de Dereito. E ano tras ano, o señor Sánchez non só non fai caso, senón que segue neste ataque frontal contra o noso sistema xudicial.”, precisou o eurodeputado.

Adrían Vázquez indicou que o que está a pasar cos xuíces en numerosas causas abertas á contorna do señor Sánchez son o claro exemplo de que é un presidente que non respecta en absoluto a separación de poderes, non respecta protexer a independencia xudicial, non respecta o labor dos xuíces españois. “Fai exactamente o contrario do que a Unión Europea nos pide corrixir”, lamentou.

“Denunciaremos ante as institucións europeas que en España temos un Goberno que sinala e insulta os xuíces”, declarou o eurodeputado. A iniciativa centrarase nas presuntas manobras denunciadas pola xuíza Beatriz Biedma, instrutora da causa relacionada co irmán do presidente do Goberno, que pediu comparecer como acusación particular nunha investigación sobre actuacións supostamente dirixidas a desacreditala e apartala do procedemento.

Adrián Vázquez sostivo que “Europa suspende constantemente a España e España mira constantemente cara a outro lado” e asegurou que “nunca a Xustiza sufrira tanto como nestes oito anos de sanchismo. Recuperar o prestixio das nosas institucións vai requirir moito traballo. A herdanza recibida será un desastre”, concluíu.

Pepa Pardo: “Temos un Goberno acorralado o que o leva a estar en guerra coa Xustiza”

Pola súa banda, Pepa Pardo enmarcou o caso Biedma nos últimos procedementos xudiciais que afectan a persoas vinculadas ao PSOE e á contorna de antigos e actuais dirixentes socialistas. “Os últimos casos de corrupción acurralan o Goberno e lévano a estar en guerra coa Xustiza e, en definitiva, en guerra co Estado”, afirmou.

Pardo lembrou a apertura de xuízo oral contra Begoña Gómez por presuntos delitos de tráfico de influencias e malversación, así como a citación como investigadas das fillas do expresidente José Luis Rodríguez Zapatero e o requirimento xudicial para que este entregue documentación relacionada cas xoias.

“Cada auto xudicial provoca un insulto maior. Chegaron a chamar aos xuíces ‘lobos solitarios’ e hoxe coñecemos unhas presuntas manobras contra a xuíza Biedma nas que se tería intentado recorrer a persoas vinculadas ao narcotráfico para desacreditala”, manifestou a senadora.

Segundo afirmou Pepa Pardo, estes feitos son “dunha gravidade extrema” e deben ser esclarecidos ata as últimas consecuencias, respectando a presunción de inocencia e a independencia dos tribunais.

“Temos un goberno en decadencia, asediado pola corrupción e que intensifica cada vez máis os seus ataques contra xuíces, fiscais e policías. Os acontecementos desta semana foron os peores. Xusto cando pensabamos que o viramos todo, vimos como o goberno, os ministros, saían en masa coma hienas, atacando os xuíces. Vímolos atacar o xuíz Peinado, a quen Patxi López mesmo chegou a comparar con Franco. Pero o peor é que vimos como Pedro Sánchez transformou o PSOE na Cosa Nostra española, un aparato do partido dedicado en corpo e alma a destruír o Estado de dereito, un aparato do partido que, segundo soubemos, contactou con clans de narcotraficantes para, e cito textualmente, “eliminar o xuíz Biedma”, o xuíz que investiga o caso do irmán do presidente, a cambio de inmunidade”, lamentou a senadora popular.

“A Comisión Europea advertiu en numerosas ocasións da necesidade de protexer a independencia xudicial. As institucións europeas deben coñecer agora estes feitos e a resposta do Goberno”, rematou a senadora pontevedresa.

Comparte este artigo