HomeBaixo MiñoA GuardaO Festival de verán de Dansá trae ata 10 escolas invitadas de...

O Festival de verán de Dansá trae ata 10 escolas invitadas de España e Portugal

- Anuncio -spot_img
  • O festival celébrase no Auditorio de San Benito este mércores 30 de xullo ás 20:00h

Este mércores 30 de xullo o auditorio de San Benito acollerá a partir das 20:00h o Festival de verán da escola de baile Dansá.

O espectáculo está garantido co talento destas bailarinas, mais tamén contarán con ata dez escolas invitadas de toda España e Portugal. Ademais, coma sempre, haberá sorteos para o público.

Será a primeira oportunidade para ver ás bailarinas que acaban de conseguir este mes novos éxitos no Global Dance Open 2025 en Birmingham.

Daniela Miniño logrou o primeiro posto na categoría Intermediate Solo Acro, proclamándose como campioa do mundo sendo unha das participantes máis novas.

A súa compañeira, Iria Álvarez foi premiada cunha bolsa de formación na prestixiosa escola Dynamite Studios, en Australia.

Parabéns a Iria e Daniela! Que ganas de ver todo este talento mañá no auditorio de San Benito!

Publicacións Relacionadas