O festival ‘Tardes na solaina’ continúa este domingo 16 de agosto co concerto de Arizona Baby no Malabar-Pénjamo de Patos ás 19:30 horas (entradas 17,60 € no mesmo local ou en www.entradas.com). O seguinte será o de Dakidarría en acústico o xoves 20 na mesma localización (concerto solidario con entradas a 10 € a beneficio das persoas sancionadas nas protestas contra o xenocidio en Gaza durante a ‘Vuelta Ciclista a España’) .
Pola súa banda, as ‘Tardes na Solaina’ organizadas polo Concello regresan ao esteiro de A Foz o domingo 23 de agosto con Tangomango e, como remate, no aparcadoiro de Patos-Praia de Abra, terá lugar o concerto de ‘Los Deltonos’ e ‘Cows Caos’ o 28 de agosto. Estes concertos si son de balde.

