Home Pontevedra O Goberno da solución a avarías eléctricas arrastradas dende hai máis de...

O Goberno da solución a avarías eléctricas arrastradas dende hai máis de cinco anos

- Anuncio -

Os problemas afectaban ao cableado tanto soterrado como aéreo e permitirán mellorar a calidade de prestación deste servizo básico á cidadanía

O Goberno socialista que preside a alcaldesa Digna Rivas, vén solucionar múltiples problemas que, dende hai máis de cinco anos, afectaban a rede de alumeado público. Os problemas viñan dados por deficiencias tanto no cableado soterrado coma o aéreo, que provocaban frecuentes fallos na prestación deste servizo básico e cuxa solución viña sendo longamente demandada pola veciñanza das distintas zonas afectadas.

Rivas lembrou que a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o Concello contratou a tres persoas “como reforzo para o servizo eléctrico de cara a acometer un plan de reparación que dera solución a numerosos problemas no alumeado público que se remontaban a máis de 5 anos”.

A alcaldesa Digna Rivas recomendou a AER “prudencia e mesura” logo de que a Agrupación de Electores afirmara que os tres traballadores contratados “dedicáronse case exclusivamente á iluminación das festas” cando a realidade, explica Digna Rivas, traballaron arreo xunto co resto do persoal do servizo “reparar deficiencias no alumeado que afectaban á veciñanza e aos que AER, que dirixiu a Concellería de Alumeado durante dous anos, non foi quen de dar solución”.

“As contratacións deste persoal –insiste Digna Rivas– non se fixeron para que levaran a cabo, exclusivamente, un cambio de luminarias –proxecto que se desenvolverá en vindeiras datas e no que se investirán preto de 70.000 euros–, senón para reforzar o cadro de persoal e poder acometer un plan de reparación global da rede”.

Así, dende o mes de abril, a Concellería dirixida agora por Vicente Lamas e co reforzo das tres persoas contratadas ao abeiro do Plan Concellos, procedeu á substitución do cableado soterrado, caixas de fusibles e farois con problemas na estrada de Peinador dende o cruce do Camiño da Milixosa ata o Camiño da Lagoa; na Avenida de Vigo; en Cedeira no treito de estrada nacional comprendido entre a Estrada á Estación e a rotonda de Vilavella; na rúa Telmo Fernández cara a Praza da Constitución e rúa Prata; en Cabanas, en dirección á praia e na rotonda da entrada á autoestrada; na Avenida Redondela dende a rúa Alexándre Bóveda ata o alto da Encarnación e, nesa mesma vía, arranxáronse problemas dende a entrada a autoestrada ata o límite con Vigo, e finalmente, na estrada do Muro cara ao Porriño.

A estas reparacións de cableados soterrados sumáronse tamén as realizadas no tendido aéreo que, debido ao seu mal estado, fundamentalmente a empalmes no cableado e deficiencias nas caixas de fusibles, provocaba deficiencias no servizo e as continuas queixas da veciñanza.

Nesta liña foi preciso substituír 432 metros lineais de cableado antigo por un novo RZ Trifásico. Así, no Camiño Xestal Lamosa, en Trasmañó, cambiáronse preto de 35 metros; na subida Cidadelle, Chapela, máis de 95 metros; Camiño Zacande, en Cesantes (37 metros); estrada da Teixeira, O Viso (60 metros); camiño dos Lagos do Viso, O Viso, (20 metros); camiño do Penedo, Cabeiro, (55 metros); na estrada Pazos, Reboreda, (30 metros) e no xestal Lamosa, Trasmañó, (100 metros).

Paralelamente a estes traballos de reparación, a Concellería traballou arreo na mellora do alumeado público no camiño da Costa, Chapela, unificando a iluminación ao darse varios tipos de farois e colocándose, a maiores, dúas farolas longamente solicitadas pola veciñanza. Mentres, no paseo da Praia da Punta, en Cesantes, cambiábanse 22 farois con máis de 30 anos de antigüidade unificándose tamén o alumeado ao existir varios tipos de farois.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas