Home O Condado Mondariz O goberno municipal rectifica e Mondariz celebrará a feira tradicional o vindeiro...

O goberno municipal rectifica e Mondariz celebrará a feira tradicional o vindeiro 14 de agosto

- Anuncio -

Despois da presión dos feirantes, aos que o alcalde lles comunicara a anulación da feira dese día por WhatsApp

Xoán C. Montes Bugarín -Calis-, portavoz de AporM, vén de censurar ao goberno local por intentar suspender a feira dominical do vindeiro día 14. O alcalde avisou o pasado xoves pola tarde, a través de WhatsApp aos vendedores ambulantes que decidira anular a feira dese día por coincidir co primeiro día das festas patronais.

Inicialmente o goberno suspendeu a feira do día 14 sen motivo, xa que, ata o de agora, sempre se celebrou cando cadraba nesa data. Ademais esta decisión do alcalde incumpre a ordenanza que regula a feira dominical , que inclúe no seu artigo 8 a periodicidade da feira: “Os días de mercado serán tódolos domingos do ano, agás que coincida coas festas locais (15 e 16 de agosto), Nadal e Ano Novo. No caso de que o domingo coincida con outro festivo, o Concello determinará a súa celebración, con antelación suficiente”.

AporM lamenta que non se contase cos feirantes para tomar a decisión de común acordo. Pola contra, o goberno local tomou esa decisión de forma unilateral, o que crea un clima de malestar e insatisfacción que non axuda en nada á feira.

Finalmente o goberno municipal de Mondariz mudou de parecer ante a presión razoada dos feirantes, xa que estes domingos de agosto son os de maior afluencia de público en Mondariz ao longo de todo o ano.

Un lugar inadecuado
O pasado domingo, 7 de agosto, o goberno municipal tamén decidiu trasladar a tradicional feira que se celebra na praza de Mondariz ao aparcadoiro da rúa San Gregorio por causa da celebración do Día dos Oficios Artesáns. Para Montes Bugarín este non é o sitio apropiado, xa que se trata dun lugar habilitado para o estacionamento de vehículos con chan de terra que, especialmente no verán, está cheo de po, pedras e carece de árbores para aplacar a calor sufocante, o que fai del un lugar impropio e inadecuado para a ese fin.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas