Home O Salnés A Illa de Arousa O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG) ao abeiro do disposto...

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG) ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 8a

- Anuncio -

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas Montserrat Prado Cores e Rosana Pérez Fernández e do deputado
Luis Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a
seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 8a, sobre as medidas a
tomar diante dos vertidos aparecidos en varias praias do sul da ría de Arousa

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
En varias praias do sul da ría de Arousa apareceron estes días unha grande
cantidade de bolas dun material branquizo, brando e graxento que ao endurecer veñen a
dar o aspecto de pedras, algunhas dun tamaño considerábel. Polo aspecto todo parece
indicar que son cúmulos de residuos de algo similar a xabón. Estas pedras son
especialmente abundantes en praias da zona do Bao na da Illa de Arousa.
Este vertido fixo saltar de novo a preocupación, sobre todo entre o sector do
mar, xa que todo indica que é contaminante e polo tanto ser un risco para o medio
mariño, con consecuencias medio ambientais e económicas.
Este novo vertido pon en evidencia que o saneamento da ría de Arousa segue a
ser unha asignatura pendente. A erradicación dos vertidos contaminantes e a garantía da
calidade das súas augas están lonxe de ser unha realidade.
Intensificar a loita contra os vertidos na ría de Arousa ten que ser unha
prioridade, é preciso que actuar para impedir os episodios contaminantes. Hai que
lembrar que no pasado ano, segundo información da propia Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, , na ría de Arousa detectáronse 458 puntos de vertido, 14
máis que no ano anterior. A nosa ría ten o triste récord de ser a que máis vertidos ten de
toda Galiza.

Por estes motivos formúlanse as seguintes preguntas para resposta oral na
Comisión 8a :
. Que acción ter realizado a Xunta de Galiza para determinar a orixe do vertido
chegado en forma de bolas branquizas e graxentas a diferentes praias do sul da ría de
Arousa, en especial á zona do Bao na Illa de Arousa?
. Ten determinar a composición do material deste vertido, o seu nivel de carga
contaminante e as posíbeis consecuencias para o medio mariño?
. Ten aberto algún expediente en aras á aplicación das sancións
correspondentes?
. Que accións vai realizar para garantir que non se produza ningún vertido
contaminante á ría de Arousa, eliminando de inmediato os 458 existentes, en especial os
53 determinados pola propia Xunta como contaminantes?

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas