O Multiusos de Sabarís acolle a mostra de pintura en acuarela “Baiona, o seu mar e máis” de Eduardo Valladares Fernández

Redacción

O Multiusos de Sabarís, en Baiona, acolle a mostra de pintura en acuarela “Baiona, o seu mar e máis” do artista Eduardo Valladares Fernández. A exposición poderá visitarse do 16 ao 31 de agosto, todos os días da semana de 19.00 a 22.00 horas e tamén os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 22:00h.

Eduardo Valladares Fernández conta cunha ampla bagaxe como artista e foron moitas as salas que acolleron as súas exposicións ao longo do tempo.

Comparte este artigo