Home Pontevedra O Condado O Museo da Ciencia do Viño fai balance despois dun mes con...

O Museo da Ciencia do Viño fai balance despois dun mes con novos horarios e a posibilidade de visitas interactivas

- Anuncio -

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos.

Case duascentas persoas visitaron, no pasado mes de abril, as súas punteiras e interactivas instalacións tras a ampliación de horarios de atención ó público e o establecemento de visitas audioguiadas. En prol dunha maximización dos recursos tecnolóxicos dos que dispón o museo as visitas realízanse, nestes momentos, mediante unha aplicación que o visitante poderá descargar no seu teléfono ou dispositivo móbil. Un sistema que permite ó usuario non só coñecer de primeira man todos os contidos do museo senón tamén, información dos principais recursos turísticos do municipio.

O elevado volume de visitantes que se achegan ó museo reflicte o gran interese que o turismo enolóxico está a espertar na xente que ven a coñecer o noso territorio. É polo tanto, o enoturismo, un eixe dinamizador da nosa economía local, da nosa gastronomía, do noso patrimonio e da nosa tradición. Unha proposta capaz de xerar redes invisibles de valor engadido.

Os días de apertura ó público do Museo da Ciencia do Viño do Condado son de mércores a domingo, en horario de 11h a 14h e de 17h a 19h.

Non será preciso a inscrición previa agás para os grupos de máis de 15 persoas ou aqueles que desexen unha visita guiada.

As reservas para grupos deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: museocienciavino@concellodesalvaterra.org

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas