HomeBaixo MiñoA GuardaO novo autor guardés Ángel Martínez presenta o seu segundo libro na...

O novo autor guardés Ángel Martínez presenta o seu segundo libro na Casa dos Alonso

- Anuncio -spot_img
  • O libro “Lección aprendida, recluta muerto” trata sobre a guerra do Sidi Ifni

A Casa dos Alonso acolle a presentación do libro “Lección aprendida, recluta muerto”. Trátase do segundo libro que publica o autor guardés Ángel Martínez Fernández, de apenas 20 anos.

A pesar da súa xuventude, Ángel conta como sempre se interesou pola guerra do Sáhara e do Sidi Ifni, pois “desde moi pequeno o meu avó sempre me falaba disto”. “Eu non entendía nada, pero conforme fun crecendo, fun descubrindo o transfondo que había tras a historia”, comenta Ángel Martínez.

A presentación deste novo libro terá lugar no Salón de Plenos da Casa dos Alonso o próximo mércores 18 de xuño ás 20:30h. Contará ademais co respaldo do historiador local Miguel Villa e do alcalde da Guarda, Roberto Carrero.

“É un orgullo para min, como antigo profesor del, ver como ese interese levouno a traballar moi duro e conseguir materializalo neste libro”, confesa o alcalde.

Na presentación poderemos coñecer máis sobre o libro “Lección aprendida, recluta muerto”, un libro sobre as vida, misterio e intrigas da guerra do Sidi Ifni, xa que “esa xente ten que ser recordada polo que fixo, sufriu e non só ter unha mera nota de páxina nos libros de Historia”, segundo Ángel Martínez.

Publicacións Relacionadas