Home Pontevedra A Lama O pleno do concello aproba o convenio de Protección Civil e Emerxencias...

O pleno do concello aproba o convenio de Protección Civil e Emerxencias que suma a Soutomaior e Pazos de Borbén

- Anuncio -

A Corporación dotouse dun novo Reglamento Orgánico Municipal (ROM) para ordenar a participación dos grupos políticos no Pleno

O Pleno da Corporación Municipal do Concello da Lama aprobou cos votos a favor do Partido Popular e o PSOE, e a abstención de UCIN, o convenio de Protección Civil e Emerxencias que contempla unha aportación de 5.500 euros por parte do Concello da Lama e a incorporación dos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén.

Por outra banda, a Corporación aprobou cos votos a favor do PPdeG e a abstención da oposición o Regulamento Orgánico Municipal (ROM) que permitirá ordenar a participación dos distintos grupos políticos no desenrolo dos plenos tanto ordinarios como extraordinarios.

Así mismo, procedeuse a aprobar de xeito definitivo a rectificacion do Libro de Inventario de Bens Municipais no que se admitiu unha alegación e foron rexeitadas outras dúas. Este punto foi aprobado cos votos favorables do goberno municipal mentras que a oposición (UCIN, IPR e PSdeG-PSOE) votou en contra.

Finalmente, procedeuse a realizar o sorteo para elixir aos membros das mesas que rexirán o proceso electoral que terá lugar en Galicia o vindeiro 18 de febreiro.

No capítulo de rogos e preguntas o voceiro de UCIN, Carlos Riveiro, interesouse por un problema de asolagamento no pavillón de deportes un día de intensas choivas. O alcalde, David Carrera, explicou que o problema non tiña nada que ver coas obras realizadas senón que o vento tupira os canalóns de desaugue con plásticos e restos de porispán e produciron os desbordamentos que fixeron que a auga entrara no pavillón. Carrerá confirmou que ese problema puntual estaba totalmente correxido e resolto.

Tamén preguntou polo proceso de rehabilitacion do Centro de Saúde e suxeriu que se mercara unha parcela na Avendia do Concello, fronte ao Brasileiro. Neste sentido o alcalde explicoulle que xa se estaba traballando no tema en dúas vertentes, na rehabilitación integral ou na construción dun novo. Díxolle que xa se fixera a consulta, hai tempo, sobre o prezo dese e de outros terreos que poderían ser idóneos para albergar un novo centro de saúde, pero que de momento non había acordo polo elevado prezo que os propietarios esixían.

O voceiro de UCIN interesouse polos recentes cortes de fluído eléctrico producidos durante as últimas tormentas en Seixido e o alcalde contestoulle que era perfecto coñecedor deles xa que estiveron tanto el como os seus concelleiros neses días ao tanto do problema e xestionando a intervención de Naturgy (propietaria das liñas afectadas) para que o problema fora resolto “que non so afectou a Seixido senón tamén a gran parte da Barcia e outros lugares”, indicou Carrera.

Riveiro interesouse por si había algunha solicitude de permisos de empresas con intereses eólicos para facer estudios ou algún tipo de medición no concello. Ao respecto o alcalde manifestou que non lle constaban.

Tamén se interesou pola apertura do Centro de Día, o horario da Biblioteca; a humanización da Alameda para a cal o alcalde e o equipo de goberno conseguiron 300.000 euros do programa PON 2030 da Deputación de Pontevedra; e pediu a rehabilitación do quiosco da praia fluvial e a sacar a licitación a súa explotación, entre outras cousas.

Pola sua banda, o voceiro do PSG-PSOE, Iñaqui Touriño interesouse pola corta de árbores que se vai levar a cabo nas Colonias de Covelo e preguntoulle ao alcalde si tiña pensado reunirse cos veciños. David Carrera indicoulle que, efectivamente, hai previsto celebrar en breve unha xuntanza con representantes veciñais para falar do tema así como outros relacionados coas Colonias.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas