A Biblioteca Municipal de Nigrán acolle este venres a presentación da última novela de Teresa Chamorro “El aleteo de la polilla”

Redacción

A Biblioteca Municipal de Nigrán acolle este venres 25 de setembro a presentación da nova novela de Teresa Chamorro ‘El aleteo de la polilla’ ás 19:00 horas coa presenza da autora e do alcalde, Juan González.

Teresa Chamorro Álvarez (Panxón, 1976) é enfermeira especializada en Enfermería Comunitaria. A súa paixón desde pequena é a literatura, publicando tras o confinamento a súa primeira novela, titulada ‘El día que fui juzgada’, y ‘El nudo de Tuim’. ‘El aleteo de la polilla’ supón o peche desta triloxía que, aínda que aptas para a súa lectura independente, están protagonizadas polo mesmo elenco de personaxes: o inspector Villoch e o seu equipo. Coma as anteriores, a obra é unha novela crúa que aborda algunhas das pragas sociais máis aberrantes, xunto coas súas consecuencias.

Todos creron coñecer a verdade sobre o asasinato que conmocionou ao instituto. Equivocábanse. A imaxe dunha vítima silenciada mesmo despois de morrer quedou gravada na memoria de quen viviu aquel horror. Tras unha adolescencia marcada polo medo, o acoso e unha nai que converteu o control nunha forma de destrución, aquel crime cambiou a vida de Minerva para sempre. Anos despois, unha nova cadea de mortes sacode a cidade e os segredos enterrados comezan a aflorar.

Comparte este artigo