HomeVigoO PorriñoO Porriño achega o saneamento a 38 novas vivendas en Budiño cunha...

O Porriño achega o saneamento a 38 novas vivendas en Budiño cunha actuación de máis de 340.000 euros

- Anuncio -spot_img

A intervención no núcleo de Picouzo-Cruz-Cortés-Eirís reforza o compromiso municipal co rural e co medio ambiente

O Concello do Porriño continúa dando pasos firmes cara ao obxectivo de lograr o saneamento integral en todas as súas parroquias. Un novo proxecto, cun investimento de 344.382,01 euros, permitirá dotar deste servizo esencial a 38 vivendas do núcleo rural de Picouzo-CruzCortés-Eirís, na parroquia de Budiño.

A obra dará resposta a unha demanda histórica da veciñanza e porá fin ao uso de fosas sépticas, mellorando substancialmente a calidade de vida e contribuíndo á protección do medio natural. Trátase dunha das actuacións máis relevantes dos últimos meses dentro da estratexia de equilibrio territorial e sustentabilidade impulsada polo Goberno local.

O Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que: “Cada nova conexión ao saneamento é unha conquista para o rural. Seguimos executando actuacións que garantan servizos públicos de calidade en todas as parroquias, sen excepcións. Esta obra en Budiño é un novo exemplo dese compromiso.”

Un proxecto integral e técnicamente avanzado

A actuación contempla a instalación de 1.142 metros de novos colectores, repartidos en catro tramos e os seus ramais, así como a repavimentación de 5.450 m² de superficie afectada.
Entre os materiais e técnicas empregadas destacan:

Tuberías de PVC SN4 macizo, de 250 e 300 mm de diámetro.

Pozos de rexistro de 1 metro de diámetro.

Tapas de fundición certificadas segundo norma UNE-EN 124.

Excavacións especiais, nalgunhas zonas, superiores aos 3 metros de profundidade.

O proxecto inclúe tamén:

Escavacións e recheos (1.500 m³), con catas para identificar servizos soterrados.

Obras de fábrica para estabilización e protección de conducións.

Saneamento e acometidas individuais (36% do orzamento).

Nova pavimentación e reforzo estrutural da vía (35% do orzamento).

Xestión de residuos (9%) e medidas de seguridade e saúde (1%).

Un paso máis cara ao Porriño que queremos

Esta intervención súmase a outras xa realizadas noutras parroquias, dentro dun plan global que busca garantir equidade territorial, eficiencia nos servizos públicos e coidado ambiental.
“Non falamos só de infraestruturas, falamos de xustiza territorial, de ofrecer as mesmas oportunidades e condicións de vida a todos os veciños e veciñas, vivan onde vivan”, concluíu o alcalde.

O Concello do Porriño leva investidos máis de 600.000 euros na redacción dos proxectos totais para acometer o saneamento integral de todas as parroquias do municipio. Estes documentos técnicos foron xa remitidos á Confederación Hidrográfica, ao Ministerio de Fomento e a outras administracións, co obxectivo de obter as autorizacións correspondentes. Este proceso de tramitación está a retrasar a licitación de novas obras.

Publicacións Relacionadas