Celébrase o domingo dende as 11:00 h e conta con 166 participantes
Esta mañá celebrouse no Concello do Porriño a presentación oficial do X Tríatlon O Porriño–Tui, que se desenvolverá este domingo 15 de xuño nun percorrido que unirá ambas vilas a través de tres disciplinas: natación, ciclismo e carreira a pé.
O tríatlon, organizado polo Concello do Porriño, coa colaboración de Tui e FEGATRI, arrancará o domingo ás 11:00 h e rematará arredor das 13:00 h, con de 166 participantes. A saída terá lugar desde a Comandancia Naval do Miño en Tui e a meta estará situada diante da Casa do Concello do Porriño..
A triatleta Carla Guisande, campioa de España Supersprint Relevos/Parellas e campioa de España
Duatlón Contrarreloxo, agradeceu ser a madriña desta edición e sinalou que “é unha honra formar parte dun evento que representa o espírito do tríatlon e o esforzo compartido”.
O acto contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, do Concelleiro de Deportes, Abel Estévez, do Concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, do Director Deportivo da FEGATRI, Carlos David Prieto, e da Triatleta Carla Guisande Vieito, madriña da proba e referente galega neste deporte.
Durante a súa intervención, o Alcalde, Alejandro Lorenzo destacou:
“É un orgullo presentar unha proba que une deporte, colaboración institucional e posta en valor do noso territorio. Apostamos polo deporte como ferramenta de saúde, turismo activo e convivencia entre concellos”.
O Concello reafirma así o seu compromiso cun deporte inclusivo, seguro e transformador, que implica á veciñanza, ás institucións e ao territorio.