- O obxectivo prioritario é manter o partido activado, cohesionado e plenamente operativo para sentar as bases e fortalecer a estrutura, cara ás eleccións municipais do 2027, ofrecendo un proxecto sólido e renovado para recuperar a alcaldía de Vila de Cruces.
- Con esta decisión, o PP cruceño asegura unha transición ordenada, xa que a figura de Ramón Otero como coordinador garante unha liña de continuidade e estabilidade para Vila de Cruces, unha prioridade estratéxica para a formación popular na comarca do Deza.
O Partido Popular de Vila de Cruces inicia unha nova etapa organizativa co nomeamento de Ramón Otero Saavedra como máximo coordinador orgánico da formación no municipio. O actual portavoz do grupo municipal asume esta responsabilidade para coordinar o partido e pilotar a transición interna na localidade.
Ramón Otero Saavedra, que nestes momentos exerce como portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Vila de Cruces, asume este rol de responsabilidade organizativa para sincronizar a acción política institucional co traballo e escoita cos afiliados e cos veciños.
Con esta decisión, o PP cruceño asegura unha transición ordenada, xa que a figura de Ramón Otero como coordinador garante unha liña de continuidade e estabilidade para Vila de Cruces, unha prioridade estratéxica para a formación popular na comarca do Deza.
O obxectivo prioritario é manter o partido activado, cohesionado e plenamente operativo pàra sentar as bases e fortalecer a estrutura de cara ás eleccións municipais de maio de 2027, ofrecendo un proxecto sólido e renovado para recuperar a alcaldía de Vila de Cruces.

