Home O Morrazo Moaña O PP de Moaña avanza na conformación dunha candidatura ampla e forte...

O PP de Moaña avanza na conformación dunha candidatura ampla e forte “para presentar a alternativa de Goberno que desexan os moañeses”

- Anuncio -

• O Comité Executivo Local mantivo onte á noite un encontro de traballo co presidente provincial, Luis López, a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, e a coordinadora comarcal, Elena Estévez, no que se abordaron “as mellores solucións, tanto de persoas como de proxecto, para tentar gañar as eleccións municipais”.

• “En Moaña temos moita sorte porque temos xente moi implicada co PP e con este municipio e distintas opcións tanto para encabezar a lista como para ocupar os postos fortes da candidatura e agora, coa xenerosidade e unidade coa que actúan, só hai que encaixar as pezas nun proceso moi froitífero que leva un chisco de retraso, pero que paga a pena, porque do que se trata é de acertar polo ben de Moaña”, explicou Luis López.

• Os populares lembran que son “a única alternativa ao actual desgoberno do BNG” e que nas últimas eleccións, as autonómicas de 2020, foron a forza máis votada con case 4.000 papeletas e o 38% dos apoios, “polo que temos unha responsabilidade enorme, xa que somos a única esperanza para un cambio necesario e imprescindible”.

O Partido Popular de Moaña celebrou onte á noite unha nova xuntanza de traballo de cara ás eleccións municipais do 28 de maio deste ano e avanzou na conformación dunha candidatura ampla e forte “que sirva para presentar a alternativa de goberno que lle queremos ofrecer á veciñanza e que desexan os moañeses”, segundo sinalaron os representantes do PP local.

O encontro, ao que asistiron os membros do Comité Executivo Local, concelleiros e os militantes que colaboran a cotío, tamén contou coa presenza do presidente provincial do PP, Luis López; a secretaria xeral, Luisa Piñeiro; e a coordinadora comarcal para O Morrazo, Elena Estévez.

“Viñemos a escoitar, a aconsellar e a apoiar as decisións que tome o PP de Moaña, porque sempre cremos na autonomía local e que as agrupacións son as mellores coñecedoras do seu territorio. Por iso, foi moi froitífero ver como houbo un debate moi san, cun ánimo moi construtivo, no que se abordaron as mellores solucións, tanto de persoas como de proxecto, para tentar gañar as eleccións municipais, que é unha cuestión coa que nos sentimos moi comprometidos, posto que somos un partido gañador, que está convencido de que o noso proxecto é o mellor para Moaña e porque os veciños precisan e ansían a nosa alternativa ante o desgoberno actual do BNG”, manifestou Luis López.

O presidente provincial aclarou que agora mesmo o PP de Moaña “atópase nun punto moi interesante de cara ao proxecto que lle imos presentar á veciñanza durante os vindeiros meses e non se trata tanto dun nome concreto, como de ofrecer un plan de goberno completo e diferente ao que lamentablemente sufren agora os veciños de Moaña”.

En todo caso, deixou claro que en Moaña “temos moita sorte porque temos moita xente implicada co PP e co futuro deste municipio, tal e como puidemos comprobar onte á noite, e dispoñemos de distintas opcións tanto para encabezar a lista como para completar os postos fortes da candidatura e é algo que non poden dicir os demais partidos tanto en Moaña como en moitos outros municipios”.

“Agora agardamos, coa xenerosidade e a unidade coa que están a actuar os militantes do PP de Moaña, que acaben de encaixar as pezas e acorden quen encabeza a lista e quen ocupa os postos de maior responsabilidade, pero a verdade é que, coas distintas alternativas que hai, todas elas moi boas e que por motivos obvios non se poden desvelar polo momento, estamos moi tranquilos. Porque ademais cremos firmemente en como están a avanzar en Moaña, xa que non se trata só de quen é o candidato, porque por moi bo que sexa, un só nunca pode gañar unhas eleccións, senón máis ben de construír un proxecto completo e global para Moaña, no que todos sexan importantes, que dea resposta a todo o que precisa a cidadanía e que estea configurado para obter o maior respaldo electoral”, explicou Luis López, que admitiu que este proceso “ten unha dobre vertente, xa que, por un lado, está a ser moi froitífero, aínda que é certo que leva un chisco de retraso, pero cremos que paga a pena porque do que se trata, sobre todo, é de acertar polo ben de Moaña”.

Pola súa banda, os representantes do PP de Moaña, que agradeceron a presenza e respaldo dos dirixentes provinciais, explicaron que este período de construción global do seu proxecto, no que o cabeza de lista só é un elemento, aínda que coa súa lóxica importancia, “é un proceso que sempre comeza con certas e lóxicas reticencias, pero a medida que avanza, dado que todos defendemos o interese común do PP e de Moaña, está sendo cada vez máis positivo”.

Con todo elo, os membros do PP local explicaron que agardan resolver moitas cuestións, entre elas o nome do/a candidato/a, no prazo máis breve posible para pasar a unha seguinte fase, pero sen marcarse ningunha data límite “porque estamos indo polo bo camiño, as présas non son boas e queremos dar pasos firmes cara adiante, posto que temos unha responsabilidade enorme, xa que somos a única alternativa ao actual desgoberno do BNG e os moañeses, nun exercicio propio de democracia, teñen que atoparse distintas opcións serias e rigorosas de goberno na votación do 28 de maio”. Neste senso, lembraron que nas últimas eleccións, as autonómicas de 2020, o PP foi a forza máis votada en Moaña con case 4.000 papeletas e o 38% dos apoios, “polo que temos que renovar e ampliar esa confianza dos veciños nas nosas siglas e no noso proxecto, que constitúe a única esperanza para que haxa un cambio de rumbo necesario e imprescindible no noso concello”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas