- A candidata ao Congreso, Pepa Pardo, o presidente local, Rafa Domínguez e a concelleira Silvia escoitaron as demandas e necesidades de máis de 15 colectivos do tecido social pontevedrés.
- Pepa Pardo puxo en valor a “labor imprescindible e insubstituíble” que realizan estas organizacións en Pontevedra. “Son o verdadeiro motor solidario da nosa cidade e o seu traballo diario é fundamental e moi necesario”, destacou a candidata popular.
O Partido Popular de Pontevedra mantivo este mañá un encontro de traballo cos representantes de máis de quince das principais entidades sociais que operan na cidade e na súa contorna. A reunión estivo encabezada pola candidata ao Congreso dos Deputados, Pepa Pardo, quen estivo acompañada polo presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a concelleira Silvia Junco.
O obxectivo principal desta cita foi escoitar de primeira man as necesidades, demandas e retos actuais aos que se enfrontan estes colectivos no seu día a día, así como coordinar liñas de apoio institucional que poñan ás persoas e ao benestar social no centro da axenda política.
A candidata ao Congreso reafirmou o seu compromiso de seguir traballando de maneira conxunta con todas estas entidades para canalizar as súas propostas e esixir un maior respaldo institucional que garanta a sostibilidade dos seus programas sociais.
Durante o encontro, Pepa Pardo puxo en valor a “labor imprescindible e insubstituíble” que realizan estas organizacións en Pontevedra. “Estas entidades son o verdadeiro motor solidario da nosa cidade; chegan a onde as administracións ás veces non poden e o seu traballo diario é fundamental para garantir unha sociedade máis xusta, inclusiva e con igualdade de oportunidades”, destacou a candidata popular.
Pola súa banda, Rafa Domínguez subliñou a necesidade de manter un canle de comunicación directo e permanente co tecido asociativo para trasladar as súas reivindicacións tanto a nivel municipal como estatal. Na reunión abordáronse cuestións clave como o financiamento dos proxectos, a mellora das infraestruturas, a atención á dependencia, a saúde e a loita contra a exclusión social.
Á xornada asistiron voceiros e directivos dun amplo espectro de colectivos que atenden diferentes realidades sociais, sanitarias e de apoio a colectivos vulnerables en Pontevedra, como son Boa Vida, Banco de Alimentos, Secretariado Gitano, Red Madre, Amizade, Amencer, Xuntos, Juan XXIII, Xoga, Afapo, Alcer, Adahpo AECC, Adicam, Anedia e a Asociación de Miocardiopatía Hipertrófica.
Beneficios fiscais
Pepa Pardo indicoulles que “dende o PPentendemos que ten que haber beneficios fiscais para as persoas con discapacidade e dependencia. De feito, o levamos ao Senado e aprobouse, pero foi vetando polo Goberno do PSOE, e non só iso, senón que ademais recorreron ao Tribunal Constitucional a norma galega que homologaba directamente os graos de dependencia e discapacidade, o cal impediu a 3.000 persoas a desfrutar de beneficios fiscais. A discapacidade e a dependencia teñen que conlevar beneficios fiscais, algo que o goberno non comparte e iso ímolo a defender”, indicou.

