HomePontevedraO PP de Pontevedra pide a dimisión de Lores pola súa incapacidade...

O PP de Pontevedra pide a dimisión de Lores pola súa incapacidade para frear os problemas de seguridade

- Anuncio -spot_img

• Domínguez e Pardo escenifican na Praza de Barcelos, no mesmo lugar da pelexa entre mozas con armas brancas, o hartazgo político e cidadán cara ao máximo responsable de manter a orde pública e a convivencia cidadá

• “Desde o PP levamos moito tempo avisando de que ía suceder unha desgraza e Lores dicía que eramos uns esaxerados. Sabíao e non fixo nada para evitar estes comportamentos intolerables”, asegura o líder dos populares

O Partido Popular de Pontevedra esixiu a dimisión de #Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde da cidade pola súa incapacidade para frear os problemas que afectan á seguridade dos pontevedreses.

O presidente local e portavoz municipal do PP, Rafa Domínguez, e a secretaria xeral e concelleira, Pepa Pardo, escenificaron o hartazgo político e cidadán cara ao máximo responsable de manter a orde pública e a convivencia cidadá na Praza de Barcelos, o lugar onde este martes produciuse unha brutal pelexa entre mozas con puñadas e navalladas, que derivou en tres ingresos hospitalarios.

“Desde o PP levamos moito tempo avisando de que en Pontevedra existen graves problemas de convivencia focalizados, e que ía suceder unha desgraza. O alcalde sabíao e non fixo nada para evitar que determinadas persoas, en determinados lugares, teñan comportamentos intolerables. Toda a cidade é consciente de que existían estas liortas; sumadas aos pequenos furtos, agresións e abandono dos servizos sociais municipais e da Policía Local”, asegurou Domínguez.

“Mentres nós alertabamos do risco de que sucedese unha desgraza maior se non se investía en seguridade, reforzando as patrullas de axentes a pé e solicitando a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade; Lores dicía que no PP eramos uns esaxerados, uns alarmistas e que sobreactuábamos”, engadiu.

“O que está a ocorrer en Pontevedra é froito do abandono de Lores das súas funcións, do mínimo investimento en servizos sociais e da nula dotación de recursos humanos e materiais para a Policía Local; pero sobre todo é froito da soberbia dun alcalde que nega un problema de inseguridade latente na cidade”, reprochou.

Domínguez concluíu as súas declaracións esixindo a dimisión inmediata de Lores como alcalde porque “xa non dá para máis” e os pontevedreses urxen un cambio cara a unha Pontevedra segura na que “os nosos fillos non teñan que presenciar incidentes tan desagradables como o ocorrido onte en Barcelos”.

Publicacións Relacionadas