Home Pontevedra Baixo Miño O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de reforzo da seguridade viaria na rúa República Arxentina e advirte da situación de risco para os usuarios

- Anuncio -

O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA SITUACIÓN DE RISCO PARA OS USUARIOS 

-Os populares acusan ao executivo de “desviar as súas responsabilidades” ao non conseguir a  retirada dos postes de formigón do tendido eléctrico, ben negociando coa empresa enerxética  ben cunha execución subsidiaria, e lembra que xa houbo accidentes nesa vía reformada 

-“O Concello é o único responsable do deseño das súas rúas, polo que, aínda que eses postes  xa estiveran aí, está claro que deben trasladarse cando se fai unha obra de humanización para  que non estean preto da calzada, e máis cando a beirarrúa é ciclable e pode acoller tráfico de  bicicletas”, sinalaron desde o PP antes de criticar o voto en contra do BNG á súa moción 

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de lamentar que o goberno nacionalista  rexeitara en pleno a súa proposta para a negociación ou realización de accións de  reforzo da seguridade viaria na rúa República Arxentina, que foi reformada  recentemente, e advirte da situación de risco e siniestralidade para os usuarios. 

Os populares presentaron unha moción na que reclamaban ao Concello que negociara  coa empresa de distribución enerxética a retirada e traslado dos postes de formigón do  tendido eléctrico existentes nas beirarrúas ou, subsidiariamente, que procedera ao seu  desprazamento como titular da rúa. Sen embargo, esta proposta, malia contar co apoio  do grupo municipal do PSOE, quedou rexeitada polo executivo de Sandra Álvarez. 

Para o PP tomiñés, o goberno local “desvía as súas responsabilidades”, xa que non foi  quen de conseguir que a empresa eléctrica sacara estes piares de formigón da rúa  durante as recentes obras de humanización, “o que demostra a súa escasa capacidade  de xestión e negociación”, e tampouco optou por esixir a súa retirada cunha posible  execución subsidiaria directa “malia que a rúa ía quedar en malas condicións de  seguridade”, tal e como se demostrou cos accidentes, algún deles de moita gravidade,  producidos desde a reforma. 

“O Concello de Tomiño é o único responsable do deseño e a planificación das súas rúas,  que ademais vén co engadido de que a seguridade nas mesmas tamén é da súa  competencia, polo que, aínda que eses postes xa estiveran aí con anterioridade ás  obras, está claro que deben trasladarse cando se fai unha actuación de humanización  destas características para que non estean preto da calzada e xeren riscos  innecesarios”, sinalaron desde o PP local. 

Así mesmo, tamén engadiron que a propia concepción da rúa República Arxentina con  este proxecto, dotando á mesma dunha beirarrúa ciclable, “fai imprescindible que estes  postes de formigón se retiren canto antes, porque este espazo lateral peonil pode acoller  a circulación de bicicletas e poden atoparse con estes obstáculos, aumentando a  posibilidade dun accidente con danos persoais”, advertiron.

Neste contexto, os populares anunciaron que, malia a negativa do goberno local a  aprobar esta moción no pleno municipal e o seu aparente nulo interese no traslado  destes piares eléctricos, van seguir insistindo para a súa retirada das beirarrúas da rúa  República Arxentina “co obxectivo de corrixir unha situación anómala e para evitar que  haxa máis sinistros no futuro”. 

Finalmente, e máis alá da problemática dos piares do tendido, o PP local tamén criticou  o “lamentable estado” que presenta esta actuación na rúa tras realizar un investimento  importante e que teña apenas un ano, posto que o firme presente roturas e fendas, existen postes inclinados e con risco de desplome e as entradas dos garaxes se atopan  en malas condicións, entre outras incidencias.

Relacionadas

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

As novas tecnoloxías e o ocio electrónico serán protagonistas no medio centenar de actividades...

0
• Competicións, obradoiros, conferencias, xogos ou zonas con simuladores e videoconsolas conformarán algunhas das propostas desta 24ª edición da party • Esta cita terá lugar...

Galicia Suroeste dá un novo paso cara á transparencia e a sostibilidade

0
O grupo de desenvolvemento rural aprobou na súa asemblea xeral a Declaración Institucional en materia antifraude como parte das súas accións como xestor do...

A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a Gala do...

0
A gala , que a institución provincial está a organizar na cidade da oliveira, centrarase nun recoñecemento aos participantes nos Xogos de París, cunha...

Preto de 2.000 atletas lánzanse á pista no Rosal no Cros Escolar en horario...

0
Organizada por Agrudebam en colaboración co Concello e co CPI Manuel Suárez Marquier dentro do programa Xogade, a actividade conta coa participación de alumnado...

Salvaterra de Miño contará cun curso de aplicador de fitosanitarios

0
O Concello de Salvaterra de Miño anuncia que os días 13, 14, 15 e 16 decembro desenvolverase na Casa do Conde un Curso nivel...

Publicacións Relacionadas