Ponteareas únese nun clamor institucional de condena ante o tráxico asasinato acontecido no municipio

Redacción

O Concello gardou un minuto de silencio en sinal de profundo dor e rexeitamento frontal.

O goberno local ofreceu a súa total colaboración ás autoridades e puxo todos os recursos sociais á enteira disposición da familia da vítima.

O Concello de Ponteareas gardou hoxe un minuto de silencio ás portas do consistorio como mostra de profunda consternación, dor e rexeitamento absoluto ante o tráxico asasinato acontecido no día de onte no noso municipio, no que perdía a vida brutalmente una veciña.

A homenaxe contou coa presenza do equipo de goberno local, encabezado polo tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, quen foi o encargado de abrir o acto e dar lectura á declaración en representación do Goberno local. Tamén se sumaron o subdelegado do Goberno en Galicia, Abel Losada, e a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller, María José Rodríguez, amosando o apoio de todas as institucións.

Durante a súa intervención, o tenente de alcaldesa transmitiu a enérxica condena e consternación do Goberno local polo asasinato, amosando o apoio incondicional de toda a vila á memoria da veciña falecida. Así mesmo, González subliñou a total disposición do Concello para colaborar coas autoridades sanitarias e xudiciais no esclarecemento dos feitos, e destacou que o concello xa puxo todos os recursos municipais para atender á familia da vítima”, antes de dar paso ao minuto de silencio.

Pola súa banda, a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, que non puido asistir presencialmente, puxo de manifestó a súa “dor, consternación e o rexeitamento máis firme a calquera forma de violencia”. A rexedora recalcou que o concello púxose “de inmediato á enteira disposición da familia, a través da concellería de Servizos Sociais, que dirixe Raquel Plana, activando o protocolo de emerxencia para garantirlles apoio psicolóxico e asistencia integral”.

A alcaldesa tamén destacou que aínda que a familia levaba pouco tempo residindo no municipio e non existían solicitudes de axuda ou algún tipo de solicitude de apoio dos servicios sociais municipais, “o noso compromiso asistencial é absoluto e a nosa prioridade é protexer e acompañar aos afectados”.

Comparte este artigo