Home Vigo O Porriño O PP do Porriño denuncia o abando-no que sofre o Parking da...

O PP do Porriño denuncia o abando-no que sofre o Parking da Avenida de Galicia

- Anuncio -

• Reclama ao Goberno local que esixa á empresa concesionaria que cumpra coa limpeza , a hixiene e a atención presencial no aparcamen-to, pero tamén coas cotas que debe ao Concello desde hai anos.

• “A concesionaria non cumpre con ningunha das súas obrigas, pero continúa cobrado aos usuarios polo seu uso”, critica Alejandro Loren-zo.

O Partido Popular do Porriño denuncia “o aban-dono e deficiencias” que sofre o párking da avenida de Galicia, “nos que se están incumprindo de xeito grave” os pregos polos que se ad-xudicou a concesión en 2004, e durante 40 anos, á empresa Cota 7 servizos e inversións S.A. O voceiro Alejandro Lorenzo, explica que “a empresa concesionaria está incumprindo en todos os aspectos coas súas obrigas, leva varios anos sen pagar o aluguer, está sucio, man-temento extintores, falta hixiene e non existe atención presencial no aparcamento, pero si continúa cobrando aos usuarios polo seu uso ante un Goberno local que non fai absolutamente nada”. Ademais, tampouco hai seguridade e o ascensor está fóra de servizo, polo que impide o acceso a persoas con mobilidade reducida e carros de ne-nos.

Esta situación deixa en evidencia, segundo o popular, “a pésima xes-tión do PSOE -BNG d o Porriño, con pouca capacidade para solucionar os problemas e unha deixadez absoluta para reclamar á concesionaria que cumpra e garanta un servizo de calidade nunha instalación públi-ca”. Por iso, o PP solicitou ao secretario, interventora e tesoreira mu-nicipais informes sobre a concesión do aparcamento, e saber cales son os pagos realizados pola empresa, o grao de cumprimento dos pregos técnicos e administrativos da concesión, os cobros que están pendentes e os requirimentos que fixo o Concello do Porriño á empre-sa concesionaria.

“O Concello do Porriño ten que adoptar de xeito inmediato as medi-das necesarias para o bo cumprimento dos pregos. Existe un total descontrol na vixilancia deste contrato. O Goberno local non poder deixar de xestionar o seu patrimonio, debe velar polos intereses da cidadanía do Porriño e obrigar á empresa concesionaria que cumpra todos os pregos e condicións do servizo”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas