● Os populares van facer unha proposta ao pleno para que se proceda á reparación e mellora dunha instalación empregada por decenas de usuarios e lamentan que a obra non fora executada ando o terreo de xogo malia dispoñer de fondos outorgados pola Xunta
● “Xa non é que deixaran de lado a pista de atletismo, é que a maltrataron e a empeoraron durante as obras pola presenza de maquinaria sen activar nin sequera un protocolo para o seu coidado”, manifestou o voceiro municipal, Carlos Rodríguez
O grupo municipal do PP do Rosal vén de denunciar o mal estado e as condicións de inseguridade que presenta a pista de atletismo do Campo de Fútbol da Mata e lamentaron que a modernización desta instalación deportiva fora completamente esquecida polo goberno local no marco das recentes obras de arranxo do terreo de xogo. Por elo, van presentar unha iniciativa plenaria co obxectivo de que se proceda ao seu acondicionamento urxente.
Os populares, que revelaron que veñen de recibir queixas de moitos dos usuarios desta pista atlética, empregada por deportistas de toda a bisbarra do Baixo Miño, cren que é preciso unha remuda do seu firme, posto que está totalmente cuarteado e cheo de gretas.
“Esta pista, que foi un orgullo para o Rosal cando se puxo en marcha hai quince anos, leva totalmente deixada de lado desde que o BNG chegou ao goberno local hai seis anos, xa que nin se lle fixo o mínimo mantemento nin recibíu ningún investimento, que é algo que tristemente xa denunciamos o pasado 2024 sen que fixeran absolutamente nada”, lamentou o voceiro, Carlos Rodríguez.
O PP do Rosal criticou tamén que non se actuara sobre a pista aproveitando que, nos últimos meses, se fixeron obras de mellora do campo de fútbol que foron financiadas grazas a unha achega de máis de 300.000 euros da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e que tamén estaban orientadas a esta instalación de atletismo.
“Xa non é que pasaran absolutamente da pista de atletismo, é que a maltrataron e a empeoraron durante as obras recentes pola presenza de maquinaria pesada enriba dela sen que se activara un protocolo ou unhas medidas mínimas para o seu coidado”, engadíu o edil do PP, que ironizou con que o goberno local “pasou semanas e semanas falando da sostenibilidade do novo campo por empregar piña triturada en vez de caucho, pero no caso da pista de atletismo é insostible xa que se empeñan en mantela con pel de melocotón”.